Festival Nadal Educación Infantil.

Outro ano máis os nenos e nenas de Educación Infantil, e as súas mestras, traballaron moi duro preparando o Festival de Nadal. Como este ano, é un pouco máis especial, debido a que estamos a celebrar o 5O Aniversario do Colexio, decidimos facer unha pequena homenaxe a figura de Jorge Juan. Esperamos que vos gustara. Bo Nadal e Feliz 2018.

Ler máis

Festival Nadal Primaria.

Este ano quixemos terminar o trimestre dunha forma diferente. Movidos polas inquietudes dos alumnos e alumnas e as súas ganas de actuar e mostrar as súas dotes artísticas aos demais, preparamos un festival feito por e para eles, os nenos e nenas auténticos protagonistas do noso cole. Planificaron as súas actuacións, discutiron e chegaron a acordos, prepararon vestiario, escenificación e guións, tamén coreografías, textos e […]

Ler máis

Visita á Residencia RESANES.

O mércores, día 20 de decembro, os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria,  fumos á Residencia de maiores Resanes, un lugar onde os nosos maiores poden estar atendidos por profesionais as vintecatro horas do día. O camiño o fixemos a pé dende o colexio, xa que está moi preto. Nada máis chegar, xa nos estaban esperando os maiores sentados con gorriños vermellos de de Papá Noel. Non nos […]

Ler máis

Visita Museos de Santiago.

Os nenos e nenas de quinto e sexto de Educación Primaria visitaron o pasado mércores día 2o de decembro, algúns dos museos que se atopan na cidade de Santiago. Pola mañá, os rapaces e rapazas disfrutaron das visitas do MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galiacia) e o Museo do Pobo Galego. Tras estas visitas nos xuntamos na praza do Obradoiro para dirixirnos cara á alameda, onde […]

Ler máis

Bo Nadal e Próspero 2018.

O CPR Plurilingüe Jorge Juan de Perlio quere desexarvos unhas felices festas e un prospero 2018. Que este novo ano sexa un ano cheo de ilusións e obxectivos cumpridos para todos e todas. Unha forte aperta e BO NADAL!!!!  

Ler máis

Visita de primeiro e segundo de primaria á mostra “Sonoro Empeño”.

O pasado xoves, 14 de decembro, os alumnos e alumnas de primeiro e segundo de primaria do Colexio Jorge Juan acudiron á Sede Afundación de Ferrol. O motivo deste visita foi o de ver a exposición «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación», esta mostra ilustra as confluencias entre música e artes plásticas a través dunha selección de 29 obras de artistas como Menchu Lamas, Eva […]

Ler máis

Quinto Educación Primaria no Museo de Humor.

O pasado venres, 24 de novembro, os nenos e nenas de 5° de E.P estiveron de visita no Museo do Humor de Fene. Visitaron as diversas salas do museo e recibiron explicacións en cada unha delas. Rematamos o día elaborando uns cómics moi divertidos. Galería de Imaxes.

Ler máis

Teatro sobre os Dereitos da Infancia.

Hoxe, os mestres e mestras de Educación Infantil e de 1º de Educación Primaria, fixeron unha pequena representación para traballar un pouquiño máis a fondo os Dereitos da Infancia, que ao longo desta semana se estiveron a traballar no colexio.

Ler máis

Proxecto 0% Plástico.

E chegado o día de apañar o lixo, decidimos facer unha análise do recollido. Démonos de conta que a maior parte da basura son envoltorios dos produtos que traemos para as nosas merendas. Ademais quixemos calcular a superficie que ocuparía este lixo se o estendéramos polo  chan, e o datos son impresionantes. O lixo recollido durante sete días ocupa unha superficie aproximada de 25 m2. […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad