Visita á Residencia RESANES.
O mércores, día 20 de decembro, os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria, fumos á Residencia de maiores Resanes, un lugar onde os nosos maiores poden estar atendidos por profesionais as vintecatro horas do día. O camiño o fixemos a pé dende o colexio, xa que está moi preto. Nada máis chegar, xa nos estaban esperando os maiores sentados con gorriños vermellos de de Papá Noel. Non nos olvidamos de facerlles fotos, o caso é que, non tiñamos permiso para publicalas.
Nos tiñan preparado unha panxoliña moi coñecida para nos: “Campana sobre campana” e, ao rematar, lles cantamos as dúas cancións que levábamos preparadas.
Despois ensináronnos as instalacións: as habitacións, a sala de estar, a sala de unidade social, a sala de curas e despacho médico, os baños geriátricos, a sala de rehabilitación… Antes de irnos lles dimos un regaliño que levábamos, unha bolsa co nome do noso cole, para que cando a usen se lembren de nos. Eles nos regalaron unha manualidade dun reno con chuches no interior. O persoal tratóunos fenomenal, transmiten en todo momento enerxía e alegría, tan necesarias para os nosos maiores. Damos as gracias a Resanes por atendernos un ano máis, acercarnos a esta realidade tan cercana nas nosas vidas e ser tan amables con nos.