Día da Paz e Non Violencia 2018.

Outro ano máis,polo Día da Paz e Non Violencia; os nenos e nenas do noso colexio quixemos manifestar a nosa intención de procurar un Mundo mellor, onde non ten cabida a violencia. Por iso, quixemos manifestar as nosas intencións e facelas chegar ao noso contorno máis próximo, saíndo en camiñata ata o Concello de Fene, onde realizamos a lectura dun manifesto en prol da Paz e […]

Ler máis

Axuda Bono Coidado.

Informamos do programa de axudas “Bono Coidado”, trátase dunha achega económica ás familias para contribuir ao pagamento de servizos de atención a domicilio de nenas e nenos menores de 12 anos en supostos puntuais. Prazo de solicitude ata o 30 de Abril de 2018. Para máis información picar aquí. Solicitude.

Ler máis

Charla de 3º e 4º ESO con Ana Alcolea.

O martes 30 de xaneiro de 2018, os rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO, disfrutaron dunha charla coa escritora Ana Alcolea sobre o libro que están a ler e traballar na aula “El secreto del galeón”. Galería de Imaxes.

Ler máis

Recopilación Fotográfica 50 Aniversario.

Co motivo do 50 aniversario do colexio queremos facer unha recopilación de fotografías antigas. Calquera que teña algunha e quera amosala, pode achegala ao titor ou titora d@ seu fill@, que xestionará a súa dixitalización e posterior devolución. Se alguén prefire achegalas por email, pode facelo a seguinte dirección: aniversariojorgejuan@galicia.com Rogamos engadir a data da foto (o máis aproximada posible). Máis adiante faremos unha exposición […]

Ler máis

Andaina 1º ESO.

O martes, 23 de xaneiro, os rapaces e rapazas de 1º de Educación Secundaria, realizaron outra das saídas programadas no proxecto de hábitos saudables. Nesta ocasión deron a volta á ría, con saída do colexio e pasando por Neda, Xubia, Mosteiro do Couto, Pazo da Merced e volta ao colexio. Foi unha boa camiñata para coñecer o noso contorno máis próximo.

Ler máis

Programa Cineensino E. Primaria.

O pasado venres, 19 de xaneiro, os nenos e nenas de quinto e sexto curso de Educación Primaria; participamos, outro ano máis, no programa de Cienensino dirixido a escolares de Educación Primaria. Nesta ocasión poidemos ver a película “El Coro”, na que se traballa a importancia da música no desenvolvemento do individuo.

Ler máis

Campaña de Neve da Deputación 2018.

Comunicar que o Concello de Fene vai participar na “Campaña de  Inverno 2018” organizada pola Deputación da Coruña na estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense) e destinada a rapaces e rapazas nacidos/as nos anos  2003, 2004, 2005, 2006 e 2007. A quenda que lle corresponde aos rapaces e rapazas do Concello de Fene é a terceira: do 23 ao 26 de febreiro de 2018. Os participantes  disfrutarán […]

Ler máis

Comezo do Programa Aliméntate Ben.

O Cpr Plurilíngüe Jorge Juan inicia hoxe o reparto de froita fresca e leite do Programa Aliméntate ben. Dende o  Cpr Plurilíngüe Jorge Juan somos conscientes, de  que o noso apresurado ritmo de vida, é moi difícil desenvolver unha alimentación sana e variada; por iso e baixo o abeiro do FOGGA, este curso participamos no reparto de froita fresca e leite durante os recreos para […]

Ler máis

Festival de Primeiro e Segundo de E. Primaria.

Os nenos e nenas de Primeiro e Segundo de Educación Primaria celebramos o 20 de decembro o Festival de Nadal, interpretando “Los juegos Olímpicos en el Colegio Jorge Juan”. Foi unha actuación moi entretida e esperamos que as familias disfrutaran tanto como nosoutros e nosoutras. Ademáis recibimos a visita das súas maxestadas os Reis Magos de Oriente. Galería de Imaxes.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad