Andaina 1º ESO.
O martes, 23 de xaneiro, os rapaces e rapazas de 1º de Educación Secundaria, realizaron outra das saídas programadas no proxecto de hábitos saudables. Nesta ocasión deron a volta á ría, con saída do colexio e pasando por Neda, Xubia, Mosteiro do Couto, Pazo da Merced e volta ao colexio. Foi unha boa camiñata para coñecer o noso contorno máis próximo.