Día da Paz e Non Violencia 2018.

Outro ano máis,polo Día da Paz e Non Violencia; os nenos e nenas do noso colexio quixemos manifestar a nosa intención de procurar un Mundo mellor, onde non ten cabida a violencia.

Por iso, quixemos manifestar as nosas intencións e facelas chegar ao noso contorno máis próximo, saíndo en camiñata ata o Concello de Fene, onde realizamos a lectura dun manifesto en prol da Paz e a Non Violencia.

Alí tamén escoitamos cancións significativas sobre a festividade que estabamos a celebrar e bailamos ao seu son.

Gustaríanos agradecer a colaboración prestada ao Concello de Fene, á Policia Local e a Protección Civil.

Galería de Imaxes.