IX Xornadas de Educación Vial.

Ao longo desta semana, en Educación Infantil, estase a traballar na “IX Xornadas de Educación Vial”. Estase a traballar de xeito informativo e educativo con normas de comportamento como peatóns e normas de circulación por vías públicas, adaptados a cada nivel de idade.

Ler máis

Comunicado Folga Xeral 14 de Novembro.

A Dirección do centro informa aos pais, nais e titores,   que o vindeiro  Mércores 14 de Novembro con motivo da Folga Xeral, o Cpr Jorge Juan, respectando o dereito de participación dos seus traballadores, manterá cando menos un réxime de  servizos mínimos de funcionamento  (apertura do centro de 8:00 a  14:00). Non garantindo: O desenvolvemento do traballo curricular ou  o desempeño do exercicio lectivo. O […]

Ler máis

Xornada de Portas Abertas para o Proxecto Solidario.

Hoxe, celebramos a xornada de portas abertas do Proxecto Solidario, para recaudar alimentos; esta recolleita estaba aberta para todas as persoas do Concello, polo que podían colaborar con alimentos todas aquelas persoas  que o quisexen, aínda que fosen alleas ao Centro. AGRADECEMOS a  COLABORACIÓN de  TODAS as PERSOAS que PARTICIPARON na  nosa CAMPAÑA.

Ler máis

Educación Infantil visita o Museo do Humor de Fene.

O pasado martes, día 30 de Outubro, os nenos e nenas de Educación Infantil de 5 anos, visitaron o “Museo do Humor” de Fene situado na Casa da Cultura. Trátase do único museo do seu xénero en España, alí os nenos e nenas poideron ver obras humorísticas de autores galegos e outras de autores estranxeiros. A parte exposición de obras os nenos e nenas poideron desfrutar dunha […]

Ler máis

Renovación representantes pais/nais no Consello Escolar.

Informamos que durante o mes de novembro deste ano procederase á renovación parcial dos membros do Consello Escolar dos centros de ensino de Galicia. A través da presente circular, poñemos no voso coñecemento que se procede a expoñer  no taboleiro de anuncios do centro o censo de pais/nais con dereito a voto, así como o Calendario previsto para a renovación do consello Escolar.

Ler máis

Charlas sobre o Acoso Escolar e os Riscos de Internet.

O departamento de Orientación organiza unha serie de charlas orientadas aos rapaces e rapazas de 3º ciclo de Educación Primaria e todos os cursos de  Secundaria. Tamén se realizará unha charla orientada aos pais e nais dos rapaces e rapazas destas edades. Estas charlas forman parte do “Plan Director”, orientado para a mellora da convivencia e a seguridade escolar. Estas charlas serán impartidas por membros da […]

Ler máis

Celebración do Magosto.

O pasado, mércores 31 de outubro, no Colexio Jorge Juan celebramos o xa tradicional Magosto; aínda que tamén celebramos o Samaín e Halloween. Ao longo da mañá, todos os nenos e nenas das distintas etapas educativas do centro (Gardería, Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria) realizamos diversas actividades relacionadas con dita festa.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad