24 de Outubro, Día da Biblioteca

24 de Outubro, Día da Biblioteca

Para celebrar o Día da Biblioteca, 24 de Outubro, convertemos a nosa Bibliotortu en fondo do mar. E por alí pasaron todos os rapaces e rapazas do noso cole para compartir un tempo de desfrute, relaxación e descubrimento de lendas relacionadas co noso entorno: a lenda da Serea das Illas Mirandas, os tesouros que esconde a fonte dos Mouros de Sillobre, o arco da vella […]

Ler máis

I Concurso de Contos en BiblioTortu

I Concurso de Contos en BiblioTortu

Neste trimestre convidámosvos a participar nesta primeira Edición do Concurso de Contos. Xa sexa de forma individual, en pequeno grupo ou en grupo clase, pero queremos ler as vosas creacións e que nos sorprendades coas vosas historias. As historias teñen que estar relacionadas coa temática do noso proxecto de centro: Xacobeo´21. Tedes as bases do concurso na imaxe adxunta. Esperamos as vosas historias! Animádevos a […]

Ler máis

Novo número da revista Tortu News

Novo número da revista Tortu News

Xa temos nas nosas mans o número 4 da revista máis famosa e máis esperada da nosa comunidade: Tortu News. Nela poderedes atopar diferentes artigos escritos con dedicación, esforzo e ilusión por parte do noso alumnado. Deixamos o enlace a continuación para que podades consultala. Tortu News Nº 4

Ler máis

Peregrinación a Compostela

Peregrinación a Compostela

Este ano, non puidemos facer o tradicional desfile con música e baile, pero non quixemos quedarnos parados. Saímos a camiñar para descubrir as diferentes vilas polas que pasa o Camiño Inglés ata chegar a Santiago de Compostela. Foi unha peregrinaxe diferente pero moi divertida, na que os peregrinos e peregrinas amosaron as súas vestimentas e complementos, todos e todas cun mesmo obxectivo: chegar a Santiago […]

Ler máis

Día da Paz e Non Violencia 2021

Día da Paz e Non Violencia 2021

Por que so celebramos o día da Paz e Non Violencia un día ao ano? Iso é o que parece, pois recordamos todos os días que, vivir sen odio e en paz debe ser o noso obxectivo de vida para medrar como persoas. E para atopala debemos buscar a igualdade. Debemos abrir a nosa mente para vaciala de prexuicios e enchela de amor, comprensión, respeto […]

Ler máis

Bo Nadal Familias!!

Bo Nadal Familias!!

Se botamos á vista atrás, este 2.020 foi un ano un tanto raro que fixo que todos e todas cambiaramos a nosa forma de relacionarnos, de compartir, de ir ao colexio,… Pero todo pasa e todo chega, e xa está aquí o Nadal! Os mais pequenos quixeron repartir a súa alegría por todo o noso cole. Porque aínda que non poidamos abrazarnos e compartir actividades […]

Ler máis

Adaptación da historia de “Artur e Clementina”

Adaptación da historia de “Artur e Clementina”

O 25 de Novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e os mestres e mestras quixemos representar unha versión do conto “Artur e Clementina”, de Adela Turin e Nella Bosnia. Nel invitámosvos a reflexionar sobre as relacións de parella, os conflictos que poden xurdir e como resolvelos, o dereito fundamental de todas as persoas a que as traten con respecto e a […]

Ler máis

20 de Novembro, Día da Infancia

Para recordar o importante que é esta data para nos, o alumnado de 3º e 4º de Primaria sacaron as súas dotes artísticas para representar os dereitos que todos os nenos e nenas teñen, e que deben cumprir e respetar, polo simple feito de ser nenos e nenas e estar vivos.

Ler máis

Día da Biblioteca

Día da Biblioteca

Este 24 de outubro non podemos celebrar o día da nosa biblioteca como se merece, pois as circunstancias sanitarias non permiten gozar deste espazo como estabamos acostumados. Pero queremos recordarvos que seguimos funcionando, pensando a maneira de achegar as nosas propostas e compartir con toda a comunidade os nosos contidos. Así que estade moi atentos e atentas as publicacións no blogue de biblioteca blibliotortu.blogspot.com , […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad