Banco de Xoguetes.

Este ano no Colexio participamos na campaña de recollida de xoguetes en colaboración cos Servicios Sociais do Concello, e as familias dos nenos e nenas do Colexio. Por iso, queremos agradecer a alta participación e colaboración das familias. Así como tamén, recordar que as familias necesitadas poden solicitar acollerse  a esta campaña de solidariedade, entre o 15 de novembro e o 10 de decembro, ambos […]

Ler máis

Visita do 2º Ciclo de E.P. ás Fragas do Eume.

O pasado mércores e xoves, 21 e 22 de novembro, os nenos e nenas do Segundo Ciclo de Educación Primaria, visitaron o Parque Natural das Fragas do Eume. Os rapaces e rapazas coñeceron o Centro de Recepción de Visitantes do Parque, para coñecer as cousas  máis importantes, do que se poderían atopar dentro do Parque.

Ler máis

Recollida de Xoguetes.

O noso colexio colabora cos Servicios Sociais do Concello de Fene na recollida de xoguetes. As datas de recollida serán os mércores 22 de Novembro e o 28 de Novembro. Agradecemos a aqueles nenos, nenas e familias que colaboran neste proxecto. E para que vexades a implicación dos rapaces, amosamos esta foto. Moitas gracias pola vosa colaboración.

Ler máis

Celebración do Día dos Dereitos da Infancia.

Hoxe é o Día dos Dereitos da Infancia. A Asamblea Xeral das Nacións Unidas vela que os dez artigos incluidos no tratado por eles creado, sexan recoñecidos, sen excepción: de raza, cor, sexo, relixión, opinións políticas ou de outra índole, posición económica, nacemento ou outra condición, xa sexa do propio neno ou da súa familia.

Ler máis

Colaboración co Banco de Xoguetes.

Nestes días o Concello, dende Servicios Sociais,  presentounos a oportunidade de colaborar nun BANCO DE XOGUETES, e dado que o colexio neste ano iniciou o Proxecto Solidario, non podemos deixar pasar esta oportunidade e queremos sumarnos a esta iniciativa. O obxecto non é outro que  axudar aos máis pequenos e as familias que se atopan nunha situación desfavorecida nestas datas tan sinaladas. Dende o Centro […]

Ler máis

Datas de Exame 1ª Avaliación ESO. Curso 2012-2013.

Xa tedes a vosa disposición o calendario de exames da primeira avaliación de Educación Secundaria. Preme aquí para velo.

Ler máis

Visita do Director da “Cocina Económica”.

O pasado Luns, día de 12 de Novembro; recibimos a visita do Director da “Cocina Económica“, Antonio Tostado Naveiras. O motivo da visita foi a de dar a coñecer como é o funcionamento desta asociación e explicarnos como desenvolven o seu traballo, tamén agradeceu a todos os nenos, nenas e rapaces a súa colaboración con eles, mediante o Proxecto Solidario que estamos a desenvolver neste […]

Ler máis

Próxima parada…Riazor!!!

O vindeiro domingo día 18 de novembro as nenas e nenos de sexto curso de E.P. e os profes do terceiro ciclo faremos unha saída ao Estadio de Riazor (A Coruña) para asisitir ao encontro de fútbol entre o R.C. Deportivo de La Coruña e o Levante U.D. Sairemos do cole ás 10:00 da mañá e regresaremos en torno ás 15:00 horas facendo o desprazamento […]

Ler máis

Voz Natura e as Enerxías Renovables.

O proxecto Voz Natura, no que participamos por segundo curso consecutivo, adica o tema deste ano ás enerxías renovables. O noso traballo consistirá en utilizar a enerxía solar para crear un sistema de rego na nosa horta. Gracias aos compañeiros, e veciños, de Aspaneps poidemos coñecer moitisimas cousas sobre a enerxía solar, xa que eles teñen no seu centro un montón de “artiluxios” que utilizan […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad