Colaboración co Banco de Xoguetes.

Nestes días o Concello, dende Servicios Sociais,  presentounos a oportunidade de colaborar nun BANCO DE XOGUETES, e dado que o colexio neste ano iniciou o Proxecto Solidario, non podemos deixar pasar esta oportunidade e queremos sumarnos a esta iniciativa. O obxecto non é outro que  axudar aos máis pequenos e as familias que se atopan nunha situación desfavorecida nestas datas tan sinaladas. Dende o Centro pedimos a vosa colaboración. Podedes traer todo tipo de xoguetes en bo estado.

As datas de recollida serán: mañá mércores e o vindeiro mércores 28 de novembro, en horario de mañá e tarde.  Máis información aquí.