Celebración do Magosto 2011

O vindeiro 28 de Outubro os rapaces e rapazas do Colexio Jorge Juan imos celebrar o tradiconal Magosto, onde “paparemos” unhas riquísimas castañas. Nesta festa participaremos todos os nenos e nenas do Colexio, comezando pola Garderia, continuando polos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria; e rematando, como non, polos rapaces e rapazas de Educación Secundaria.

Ler máis

Reunión Inicial Educación Infantil 3 anos.

Ola papás: Recordámosvos que o Mércores, 7 de Setembro ás 11:00H. terá lugar a reunión informativa de inicio de curso para os pais e nais dos nenos  que entran en 3 anos. Dita reunión será nas respectivas aulas de 3 anos A e B. Non faltedes!!!. Grazas e un saúdo.

Ler máis

Comezo Curso Escolar 2011-2012.

O novo curso escolar 2011-2012 dará comezo o 12 de setembro para Educación Infantil e Educación Primaria: mentres que os alumnos e alumnas de Educación Secundaria comezarán o día 16 de setembro rematando o curso escolar o 22 de xuño.

Ler máis

Festa de Despedida 6º E.P. Curso 2010-2011.

Outro ano máis, os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria rematan o seu paso por esta etapa; e como non, os mestres de 3º Ciclo e todos aqueles mestres que particiron na súa educación, organizamos unha Festa de Despedida para desexarlles o mellor na súa etapa en Educación Secundaria. O motivo desta festa e homenaxear aos alumnos e alumnas polo seu esforzo e […]

Ler máis

Excursión a Madrid do 3º Ciclo de E.P.

Xa estamos de volta! Os nenos, nenas e mestres do 3º Ciclo de Educación Primaria visitamos a Comunidade Autónoma de Madrid, alí coñecimos distintos lugares. De camiño poidemos coñecer o “Castillo de La Mota”, situado na cidade de Medina del Campo, foi o lugar onde xantamos o primeiro día de viaxe.

Ler máis

Educación Secundaria (4º E.S.O.) visitan o Arsenal de Ferrol.

O día 23 de maio, nosos alumnos e alumnas de 4º de E.S.O., efectuaron unha saída que consistiu na visita ao Arsenal Militar de Ferrol. Subiron a bordo da F-103 “Blas de Lezo”, pertencente á 31 escuadrilla, onde lles mostraron,entre outras moitas cousas, a ponte de mando, o sistema de combate e as distintas cubertas e instalación do buque.

Ler máis

Divertíndonos nas Xornadas de xogos populares

Hoxe, xoves participamos nas xornadas de xogos populares organizada polo Excmo. Concello de Fene. Este ano compartimos a actividade cos compañeiros e compañeiras do C.E.I.P. “O Ramo” e do C.E.I.P. “Os Casais”, e pasamos unha mañá moi animada e divertida xogando coas cordas á comba e ao soga-tira, ao brilé, o pano, a chave, correndo cos sacos, aos tres pes… e o que é máis importante, xogando, compartindo e facendo […]

Ler máis

Excursión Fin de Curso 3º Ciclo E.P.

Os nenos e nenas do 3º Ciclo de Educación Primaria realizarán unha vista á cidade de Madrid, como premio polo esforzo realizado ao longo deste curso. A saída será o próximo martes 14 de xuño, as 8:00h da mañá; e o regreso o venres 17 de xuño sobre as 23:00 h. Nesta viaxe os alumnos e alumnas poderán coñecer distintos lugares de interese da capital, así como disfrutar do […]

Ler máis

Educación Infantil no Parque de Bombeiros.

Os pasados Xoves 19 e  Venres 20 de Maio, os alumnos e alumnas de 5 e 4 anos, realizaron unha visita as instalacións do Parque de Bombeiros de Ferrol.  Alí coñeceron: a varios bombeiros, onde durmen, comen, descansan, a centralita de chamadas de emerxencia, cómo actúan cando hai unha emerxencia e como non, os coches de bombeiros, que os poidemos ver dende moi preto. Para rematar a xornada, nada […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad