Divertíndonos nas Xornadas de xogos populares

Hoxe, xoves participamos nas xornadas de xogos populares organizada polo Excmo. Concello de Fene.

Este ano compartimos a actividade cos compañeiros e compañeiras do C.E.I.P. “O Ramo” e do C.E.I.P. “Os Casais”, e pasamos unha mañá moi animada e divertida xogando coas cordas á comba e ao soga-tira, ao brilé, o pano, a chave, correndo cos sacos, aos tres pes… e o que é máis importante, xogando, compartindo e facendo novos amigos e amigas dos coles do noso concello.

Esta xornada é a última das actividades complementarias de Educación Física para a etapa de Primaria ofertadas polo concello. Moitas grazas! Desexamos e esperamos poder seguir participando e disfrutando delas o ano que ven!