Excursión a Madrid do 3º Ciclo de E.P.

Xa estamos de volta! Os nenos, nenas e mestres do 3º Ciclo de Educación Primaria visitamos a Comunidade Autónoma de Madrid, alí coñecimos distintos lugares. De camiño poidemos coñecer o “Castillo de La Mota”, situado na cidade de Medina del Campo, foi o lugar onde xantamos o primeiro día de viaxe.

Ler máis

Educación Secundaria (4º E.S.O.) visitan o Arsenal de Ferrol.

O día 23 de maio, nosos alumnos e alumnas de 4º de E.S.O., efectuaron unha saída que consistiu na visita ao Arsenal Militar de Ferrol. Subiron a bordo da F-103 “Blas de Lezo”, pertencente á 31 escuadrilla, onde lles mostraron,entre outras moitas cousas, a ponte de mando, o sistema de combate e as distintas cubertas e instalación do buque.

Ler máis

Divertíndonos nas Xornadas de xogos populares

Hoxe, xoves participamos nas xornadas de xogos populares organizada polo Excmo. Concello de Fene. Este ano compartimos a actividade cos compañeiros e compañeiras do C.E.I.P. “O Ramo” e do C.E.I.P. “Os Casais”, e pasamos unha mañá moi animada e divertida xogando coas cordas á comba e ao soga-tira, ao brilé, o pano, a chave, correndo cos sacos, aos tres pes… e o que é máis importante, xogando, compartindo e facendo […]

Ler máis

Excursión Fin de Curso 3º Ciclo E.P.

Os nenos e nenas do 3º Ciclo de Educación Primaria realizarán unha vista á cidade de Madrid, como premio polo esforzo realizado ao longo deste curso. A saída será o próximo martes 14 de xuño, as 8:00h da mañá; e o regreso o venres 17 de xuño sobre as 23:00 h. Nesta viaxe os alumnos e alumnas poderán coñecer distintos lugares de interese da capital, así como disfrutar do […]

Ler máis

Educación Infantil no Parque de Bombeiros.

Os pasados Xoves 19 e  Venres 20 de Maio, os alumnos e alumnas de 5 e 4 anos, realizaron unha visita as instalacións do Parque de Bombeiros de Ferrol.  Alí coñeceron: a varios bombeiros, onde durmen, comen, descansan, a centralita de chamadas de emerxencia, cómo actúan cando hai unha emerxencia e como non, os coches de bombeiros, que os poidemos ver dende moi preto. Para rematar a xornada, nada […]

Ler máis

Exposición: “Operación Monarca”.

Do 18 de maio ao 30 de maio de 2011 na Biblioteca do colexio poderedes ver a “Exposición: Operación Monarca”. Un dos fenómenos máis abraiantes que nos ofrece a natureza galega, é unha visitante de alén do Atlántico: a bolboreta Monarca, que voa miles de quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e nos visita cada outono cun sixilo que non fai honra a […]

Ler máis

Axudas á conciliación da vida familiar e laboral.

Axuntamos DOG de hoxe, onde saíu publicada a “RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2011, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo e se procede á súa convocatoria”. Axudas Conciliación […]

Ler máis

Listaxe de admitid@s para o curso 2011-2012.

Premendo no seguinte enlace, poderedes ver a listaxe provisonal de alumn@s admitidos no Centro para o vindeiro curso 2011-2012. LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2011

Ler máis

Educar en Saúde: “Decídete polos bos hábitos”.

As nenas e nenos de 5º curso de Educación Primaria participarán neste mes de abril nos obradoiros de nutrición organizados pola consellería de Asuntos Sociais relacionados coa importancia dunha boa alimentación para poder gozar de boa saúde. Ditos obradoiros realizaranse en dúas sesións: A primeira centrarase nos seguintes aspectos: Importancia dos bos hábitos. Información sobre o alcohol.Como influen as nosas decisións e a importancia da […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad