O vento do outono e a choiva do norte, deixou no noso cole unhas estrañas maletas. Pronto puidemos descubrir o que agochaban: montóns de libros que servirán para achegarnos máis a nosa biblioteca e gozar destas novidades. Son libros adicados a tratar temas de actualidade relacionados coa igualdade de xénero, a corresponsabilidade, a diversidade, o empoderamento, os estereotipos, o feminismo, as historias de mulleres, […]
Outro ano máis ofrecemos ás familias o servizo de ludoteca, o seu horario segue a ser o mesmo, de 16:00 h ata as 19:00 h, para maís información e prezos, podedes picar no enlace da LUDOTECA; e para ver as actividades programadas para este curso 2018-2019, no CRONOGRAMA. Esperamos que este servizo vos sexa de axuda.
Informamos que o vindeiro xoves, día 21 de xuño, remata o prazo de presentación de solicitudes para axuda de adquisición de libros, material escolar e acceso ao fondo de libros. Máis alá desta data, non se recollerá ningunha solicitude. Comunicamos que o 6 de xullo saíra os listados das axudas concedidas, polo cal os días 9,10,11,12 e 13 de xullo teredes o prazo de recollida […]
Deixamos as datas dos exames da terceira avaliación para os rapaces e rapazas de ESO. Para ver picar aquí.
Xa temos data !!!!!! O vindeiro venres, 22 de xuño do 2018, celebraremos o noso 50 Aniversario; a partir das 16:00 h. no patio do colexio compartiremos moitas actividades xuntos/as. Estades todos e todas convidados/as (alumnos/as, pais, nais, exalumnos/as, veciños/as,…) para poder disfrutar dunha tarde en boa compañía. As actividades estarán organizadas polo ANPAe os colexio. En breve informaremos das actividades e exposicións que levaremos […]
Informamos que a Xunta de Galicia presenta a Campaña de Verán 2018 que sitúa de novo Galicia como referente na oferta de ocio e tempo libre dirixida á mocidade. Ofértanse 9870 prazas en campamentos, campos de traballo e outras accións de verán que terán lugar nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro en albergues e instalacións xuvenís de toda xeografía galega. Ver requisitos e trámites aquí. […]
Xa tedes a vosa disposición no taboleiro da secretaria do centro o listado de alumnos/as admitidos/as na Escola Infantil para o curso escolar 2018-2019. Agora abrimos o prazo de formalización de matrícula co pago da reserva de praza, este prazo remata o 28 de marzo. Podedes achegarvos pola secretaría para comprobar si estades admitidos/as ou chamar ao teléfono 981340109 para consultalo.
A ONCE fainos entrega dun certificado pola participación no seu concurso sobre a escola inclusiva. Os nenos e nenas de 1ºB, 2º B y 3º B de ESO participaron creando uns videos sobre o tema. Seguimos formando aos nosos alumnos e alumnas na igualdade de oportunidades. Moi bo traballo rapac@s!!!!!