As Maletas da Igualdade.

 

O vento do outono e a choiva do norte, deixou no noso cole unhas estrañas maletas. Pronto puidemos descubrir o que agochaban: montóns de libros que servirán para achegarnos máis a nosa biblioteca e gozar destas novidades.

Son libros adicados a tratar temas de actualidade relacionados coa igualdade de xénero, a corresponsabilidade, a diversidade, o empoderamento, os estereotipos, o feminismo, as historias de mulleres, a identidade, as relación de parella e as familias, adaptados a todas as idades (dende infantil a secundaria).

Son un préstamo da biblioteca do CFR de Ferrol, dentro do proxecto “A maleta da Igualdade”, medida recollida no I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020.

Estarán na nosa biblioteca durante un mes, así que invitamos  a lelos na biblioteca durante os recreos ao alumnado, e as familias  os luns e mércores de 16:00- 18:00h, e poder desfrutar xuntos da lectura e de diversas historias.