Deixamos as datas dos exames da terceira avaliación para os rapaces e rapazas de ESO. Para ver picar aquí.
Deixamos as datas dos exames da terceira avaliación para os rapaces e rapazas de ESO. Para ver picar aquí.
Xa temos data !!!!!! O vindeiro venres, 22 de xuño do 2018, celebraremos o noso 50 Aniversario; a partir das 16:00 h. no patio do colexio compartiremos moitas actividades xuntos/as. Estades todos e todas convidados/as (alumnos/as, pais, nais, exalumnos/as, veciños/as,…) para poder disfrutar dunha tarde en boa compañía. As actividades estarán organizadas polo ANPAe os colexio. En breve informaremos das actividades e exposicións que levaremos […]
Informamos que a Xunta de Galicia presenta a Campaña de Verán 2018 que sitúa de novo Galicia como referente na oferta de ocio e tempo libre dirixida á mocidade. Ofértanse 9870 prazas en campamentos, campos de traballo e outras accións de verán que terán lugar nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro en albergues e instalacións xuvenís de toda xeografía galega. Ver requisitos e trámites aquí. […]
Xa tedes a vosa disposición no taboleiro da secretaria do centro o listado de alumnos/as admitidos/as na Escola Infantil para o curso escolar 2018-2019. Agora abrimos o prazo de formalización de matrícula co pago da reserva de praza, este prazo remata o 28 de marzo. Podedes achegarvos pola secretaría para comprobar si estades admitidos/as ou chamar ao teléfono 981340109 para consultalo.
A ONCE fainos entrega dun certificado pola participación no seu concurso sobre a escola inclusiva. Os nenos e nenas de 1ºB, 2º B y 3º B de ESO participaron creando uns videos sobre o tema. Seguimos formando aos nosos alumnos e alumnas na igualdade de oportunidades. Moi bo traballo rapac@s!!!!!
O pasado luns, 5 de marzo, a Televisión de Galicia dedicou un espazo do telexornal para comentar o programa de “Perros y Letras” que dende o colexio estamos a desenvolver este curso. Moitas gracias. Deixamos o enlace para ver a noticia. http://www.crtvg.es/informativos/un-colexio-de-fene-introduce-terapias-con-cans-para-axudar-os-rapaces-con-problemas-coa-lectura-3667373
Xa tedes a vosa disposición o calendario de exames da 2ª Avaliación de ESO. Para ver pica aquí.
A noticia da posta en marcha do “Programa de Perros y Letras” que está a realizar o noso colexio tamén ten o seu oco nas noticias de Antena 3. Esperemos que os resultados acadados co programa respondan a expectativa creada polo mesmo, polo momento vai por bo camiño. Seguiremos traballando por ofrecer o mellor aos nosos alumnos/as.
Informamos que o día 1 de marzo do 2018, ábrese o prazo de matrícula para as ensinanzas en Educación Infantil, Primaria e Secundaria para o curso escolar 2018-2019. O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 1 de marzo e remata o 20 de marzo do 2018, ambos incluidos. Lembrade que temos a xornada de portas abertas o venres día 2 de marzo […]