Preme na ligazón para ter información sobre as becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Preme na ligazón para ter información sobre as becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Poñemos fin ao noso Proxecto de Centro A Nosa Ría cun Roteiro Marítimo pola Ría de Ferrol. Invitámosvos familias a participar cos vosos fillos e fillas, un acompañante por alumno ou alumna. O roteiro marítimo será os días 13 e 14 de xuño pola tarde, con saída dende o Porto de Ferrol e unha duración aproximada dunha hora. O horario está pendente de confirmar pero […]
Xa podedes encargar os libros de texto, mochilas, estoxos e demáis material escolar para o curso vindeiro. Este ano, como novidade, hai portamerendas térmicos para os máis pequenos. Podedes ver o material nestas ligazóns:1 2 3 4 5 Máis información na secretaría ou neste correo electrónico carmenreymz@gmail.com
Este venres, 13 se maio, a asociación Stop Accidentes visitounos para impartir uns obradoiros nos que blindaron ao alumnado de primaria consellos de mobilidade segura e sustentable, tanto no seu entorno familiar como no municipio e á poboación en xeneral. Deixamos nesta ligazón unha galería de imaxes na que poder ver como foi a xornada.
O alumnado da Escola Infantil Jorge Juan plantou e coidou durante este curso un horto escolar. Ademais da importante experiencia e aprendizaxe, este horto dou como froito unha fermosísimas leitugas. Non rematou ahi esta aventura educativa, xa que decidiron darlles un destino social e solidario, e así foron doadas á Cociña Económica de Ferrol. Foi un pequeno xesto, pero amosa o potencial e valor que […]
O proxecto de centro deste ano tivo como temática e título: “A Nosa Ria”. No seu desenvolvemento fóronse sumando enriquecedoras experiencias e tamén creando materiais e recursos que decidimos expoñer ao público. Para iso, e grazas a inestimable colaboración e apoio do Porto de Ferrol, contaremos cun espazo especialmente axeitado, o faro de Cabo Prior. A exposición, baixo o título “Ferrol, a nosa ría”, estará […]
O Día Internacional da Muller conmemórase cada 8 de marzo, é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade. Hoxe no patio do noso colexio, todo o alumnado e profesorado do colexio formamos un oito e un eme xigante como símbolo de unión a esta reivindicación e do noso compromiso cos valores da igualdade e os dereitos da muller. Nas aulas tamén se […]
Alumnado e familias, Aquí podedes atopar información sobre as modalidades preferentes e a oferta dalgúns centros da zona para continuar a formación despois de ESO: Modalidades de bacherelato preferentes e materias vinculadas para o acceso a ciclos do grao superior CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro IES Ricardo Carvalho Calero CIFP Ferrolterra IES Fene