Atletismo Divertido

Atletismo Divertido

O Colexio Jorge Juan participou, xunto cos outros colexios de Fene, na Xornada de Atletismo Divertido organizada pola Concellaría de Deporte. A pesar do mal tempo o Pavillón A Xunqueira de San Valentín transformouse nunha pista de xogos, deporte e aprendizaxe. O evento contou cun circuíto con seis estacións onde probamos diferentes modalidades do atletismo: carreira de velocidade e obstáculos; salto cos pés xuntos; lanzamento […]

Ler máis

Semana do Libro

Semana do Libro

Esta semana pechamos o programa de actos organizados ao redor do libro e a lectura, queriamos celebrar deste xeito o Día Internacional do Libro, facendo extensiva a celebración a toda a semana. Esta conmemoración  é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. Ainda que en España a data ten unha tradición anterior, a festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea […]

Ler máis

Sementeiros

Sementeiros

O alumnado de Educación Infantil e Primaria xa ten feitos os seus sementeiros. A actividade enmárcase no proxecto Voz Natura e no proxecto de centro: O bosque animado. Está encamiñada a concienciar e sensibilizar sobre o coidado do medio, e as nosas posibilidades para melloralo. Se queres ver o vídeo da súa elaboración e outros doutras actividades accede á nosa canle en instragram.

Ler máis

Olivia Allegue, alumna do colexio, gaña o Concurso de Fotografía “Porto e Cidade”

Olivia Allegue, alumna do colexio, gaña o Concurso de Fotografía “Porto e Cidade”

Hoxe recibimos a nova de que Olivia Allegue, alumna de 6° de primaria do colexio, foi a gañadora do IV Concurso de Fotografía “Porto e Cidade” organizado pola Autoridade Portuaria de Ferrol. Na entrevista en CT podedes escoitar a Olivia falando do seu premio.Noraboa Olivia!! Entrevista a Olivia

Ler máis

Tortu News nº 9

Tortu News nº 9

Xa se pode acceder á edición dixital do último número da revista do colexio, Tortu News xa está dispoñible na seguinte ligazón: Tortu News número 9

Ler máis

Excursión Museo Naval-Exponav

Excursión Museo Naval-Exponav

Terceiro de primaria visitamos dous dos museos da Armada Española, que se atopan na Ruta da Construcción Naval de Ferrol. No Museo Naval poidemos ver diferentes buques, fragatas, pezas de artillería e históricas. A continuación visitamos o Museo de Construcción Naval, chamado tamén Exponav. No noso percorrido coñecimos barcos, astilleiros, técnicas de construcción, sistemas de propulsión… Aquí vos deixamos o noso percorrido polos dous museos. […]

Ler máis

Excursión ao Planetario

Excursión ao Planetario

Primeiro Ciclo Hoxe, 21 de marzo, o alumnado de primeiro e segundo de Primaria do Colexio Jorge Juan gozou dunha emocionante excursión á Casa das Ciencias e ao seu fascinante planetario. A diversión e a aprendizaxe estiveron presentes durante toda a visita. Foi un día inesquecible onde xogamos, experimentamos e aprendemos moito. Sen dúbida, unha experiencia que quedará na nosa memoria! Galería de imaxes

Ler máis

3º Ciclo en San Sadurniño.

As nenas e nenos de 3º Ciclo de Educación Primaria, pasamos unha mañá polos arredores do río Xuvia, observando a flora autóctona e disfrutando do fermoso paseo; ademáis visitamos o Arboreto e o Pazo da Marquesa en San Sadurniño. Foi unha mañá moi entretida, no seguinte enlace deixamos a galería de imaxes.

Ler máis

Excursión Domus e Torre de Hércules

Excursión Domus e Torre de Hércules

O alumnado de 4 de primaria o luns 11 de marzo viaxamos ata A Coruña. Unha interesante saída, onde nos divertiremos e reflexionaremos sobre as características da especie humana no Museo do home e coñecimos o faro ou Torre de Hércules, que leva orientando aos mariñeiros dende épocas do imperio romano. Galería

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad