Atletismo Divertido
![Atletismo Divertido](https://www.colexiojorgejuanperlio.com/wp-content/uploads/2024/05/WhatsApp-Image-2024-04-30-at-08.23.43.jpeg)
O Colexio Jorge Juan participou, xunto cos outros colexios de Fene, na Xornada de Atletismo Divertido organizada pola Concellaría de Deporte.
A pesar do mal tempo o Pavillón A Xunqueira de San Valentín transformouse nunha pista de xogos, deporte e aprendizaxe. O evento contou cun circuíto con seis estacións onde probamos diferentes modalidades do atletismo: carreira de velocidade e obstáculos; salto cos pés xuntos; lanzamento de peso e precisión; lanzamento de xavelina; salto de altura con carreira e salto lateral tesoira.
Participamos con entusiasmo en todas as probas, desde as carreiras de velocidade ata os espectaculares saltos. Agradecemos ao Concello de Fene por esta experiencia que promoveu o espírito deportivo centrado no desfrute máis que na competición.
Esperamos con ganas as próximas Xornadas de Atletismo Divertido e seguimos comprometidos co fomento do deporte e do benestar.