O profesorado do cole envíavos un forte saúdo con este vídeo para que saibades que se lembran de vós e que cada vez queda menos para vervos de novo. Vídeo
O profesorado do cole envíavos un forte saúdo con este vídeo para que saibades que se lembran de vós e que cada vez queda menos para vervos de novo. Vídeo
Hoxe remata o segundo trimestre e as notas, en función do feito e avaliado ata o 13 de marzo, están á vosa disposición na plataforma Xade á que podedes acceder a través de Abalar. Se algunha familia ten dificultades de acceso rogamos contacte co titor ou coa titora. Todo o plantel do centro seguimos á vosa disposición telemáticamente e seguiremos subindo información na web durante […]
Deixámosvos aquí un tutorial feito por una das nosas mestras, onde se explica cómo facer un coelliño de maneira sinxela. Ver vídeo
A plataforma Galicia Le abre os seus fondos de maneira libre para o acceso de todos e todas. Aquí tedes o enlace: Galicia Le
Deixamos aquí a seguinte páxina de materiais e recursos online, para todos os niveis educativos, facilitada polo Ministerio de Educación. Recursos
Dende a radio municipal nos indican que, aproveitando a estancia da rapazada nos domicilios, van botar pola radio o maratón de lectura “Fene lendo mulleres” dacordo co seguinte calendario: Luns 23. Colexio Jorge Juan. Martes 24. Colexio Os Casais. Mércores 25. Colexio A Xunqueira. Xoves 26. Colexio O Ramo Venres 27. Colexio Centieiras. O maratón pódese escoitar os dias sinalados ás 12 do mediodia en […]
Este pasado martes 10 de marzo, 30 alumnas de todas as etapas educativas do centro participaron no XIX maratón de lectura “Fene lendo mulleres”. Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller recitaron poemas, leron textos e manifiestos onde se reivindicaba a labor feita polas mulleres e a súa loita pola igualdade.
Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 de marzo, @s alumn@s do centro fixeron diversas actividades en torno á temática “igualdade de xénero”. O alumnado de 2° da ESO gravou un programa de radio “especial mulleres” que podedes escoitar neste link: Programa de radio Podedes ver tamén unha exposición de traballos sobre as biografías de mulleres loitadoras e ilustres das distintas […]