O vindeiro venres 21 terá lugar o habitual desfile de Entroido as 11h. Se o tempo danos tregua será no patio, en caso de chuvia será dentro do pavillón. A apertura do portal para as familias será a las 10:45.
O vindeiro venres 21 terá lugar o habitual desfile de Entroido as 11h. Se o tempo danos tregua será no patio, en caso de chuvia será dentro do pavillón. A apertura do portal para as familias será a las 10:45.
Mandato do Meco para o xoves, 20 de febreiro. Mandato do Meco para o mércores, 19 de febreiro. Mandato do Meco para o martes, 18 de febreiro. “Se do sol te queres protexer unha GORRA debes traer” Mandato do Meco para o luns 17 de febreiro
O 13 de febreiro é o Día Internacional da Radio, por este motivo a Rede Espora, unha rede de radios escolares da que tamén forma parte a radio do noso colexio, ven de crear un podcast sobre a diversidade e a inclusión. Foi unha creación en común de varios centros educativos entre os que se atopa o Colexio Jorge Juan. ESPORA é unha plataforma escolar […]
Hoxe estivo na nosa biblioteca o escritor Pedro Mañas, gañador de varios premios literarios. Veu asinar os exemplares do seu libro “Apestoso tío Muffin”, obra lida polo alumnado de 5º EP e gañadora do “XV Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil”. Contounos como se converteu en escritor e puidemos expoñerlle todas as preguntas que nos xurdiron. Gozamos moito da experiencia porque a exposición de […]
Con motivo da xornada de portas abertas que organiza o nosos colexio este venres, 14 de febreiro, en Radio Fene quixeron facernos unha entrevista e así poder dar a coñecer un pouco máis o colexio Jorge Juan. O director Angel del Rio puido explicar como se desenvolverá a xornada de portas abertas e tamén outros moitos outros proxecto que se están a realizar no colexio. […]
Un grupo de compañeiras de 4EP leron un divertido conto titulado “O año que é un porquiño” aos mais pequenos de EI.Pasamos un momento moi ameno. Galería imaxes
As ondas xa flúen a través de BiblioTortu.!! Xa está todo preparado para arrincar coa emisión da “grella radiofónica” máis incrible de toda a comarca. Comeza o proxecto de radio escolar do noso colexio. Máis inforomación no blog da biblioteca: https://bibliotortu.blogspot.com/
Xa está publicado o número 2 da revista escolar “Tortu New”. Artigos, novas, pasatempos… Na súa elaboración participou todo o colexio. Se queres acceder ao contido completo pincha aquí:
Xa temos o desfibrilador instalado no colexio. Está colocado na secretaría do centro para o uso da comunidade educativa e do contorno. Estamos felices e agradecidos coa colaboración masiva das familias e veciños que igual que nós, viron o desfibrilador como unha ferramenta necesaria e oportunidade de salvar vidas. GRAZAS DE CORAZÓN.