Entroido 2020
Chegou o esperado día do desfile de Entroido da Jorge Juan. Con bo tempo e entusiasmo celebramos o desfile de disfraces coa temática do respecto polo medio ambiente.
Este ano o desfile dramatizaba o que lle está ocorrendo ao noso planeta, o dano que sufre a natureza pola contaminación humana.
Saíron primeiro os máis pequenos representando ás plantas, outra parte do alumnado representou outros elementos da natureza: os animais, o medio mariño…
Os humanos estivemos representado por dúas realidades contrapostas, os contaminadores e os recicladores. Uns coas súa aparición apagaron o alegría da natureza, pero a chegada dos recicladores, como superheroes, puxo un final feliz ao desfile, reanimando a todos os seres que forman o medio natural.