Encontro co escritor Pedro Mañas

Encontro co escritor Pedro Mañas

Hoxe estivo na nosa biblioteca o escritor Pedro Mañas, gañador de varios premios literarios. Veu asinar os exemplares do seu libro “Apestoso tío Muffin”, obra lida polo alumnado de 5º EP e gañadora do “XV Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil”. Contounos como se converteu en escritor e puidemos expoñerlle todas as preguntas que nos xurdiron. Gozamos moito da experiencia porque a exposición de Pedro Mañas foi moi divertida e amena. O enxeño do autor xunto coa participación do alumnado foron os ingredientes que fixeron da xornada un éxito.

Galería de imaxes