Aberto o prazo de matrícula

Entre o 1 e o 20 de marzo estará aberto o prazo para matricularse no curso 2022-2023. Se tedes interese en saber como é o noso colexio podédesnos visitar. Por mor da situación sanitaria, e da necesidade de extremar a prevención ante a covi-19 é necesario concertar cita. Podedes solicitar cita a través de:981340109cpr.jorge.juan@edu.xunta.es Convidámosvos tamén a ver o seguinte vídeo para coñecernos un pouco […]

Ler máis

Día da Paz 2022

Día da Paz 2022

Hoxe, 30 de xaneiro, celébrase o Día da Paz, é un día sinalado no que nos centros educativos conmemoramos unha cultura de non violencia, e comprometémonos como defensores da paz. A elección desta data debese ao aniversario da morte del Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza. Ao cadrar este ano en domingo, no […]

Ler máis

Melchor, Gaspar e Baltasar visitan o noso colexio

Un ano máis os Reis Magos de Oriente non quixeron deixar de visitar o noso colexio. Poucos días antes de traer os agasallos ás nosas casas, Melchor, Gaspar e Baltasar acompañados polos seus paxes achegáronse pola Jorge Juan. Recolleron as últimas cartas, falaron cos nenos e nenas e trouxéronnos algunhas larpeiradas. Despedímonos coa ilusión da súa próxima visita aos nosos fogares. Podedes ver as fotografías […]

Ler máis

Recital da Canción Mariñeira

Recital da Canción Mariñeira

Xa podemos gozar do Recital da Canción Mariñeira. Este recital enmárcase no Proxecto de Centro deste ano: “A Ría”, que pretende aumentar o coñecemento, sensibilizar sobre o valor, a riqueza da nosa ría e a importancia que ten social, emocional, cultural, histórica, económica e medioambientalmente. O recital foi presentado por alumnado de Secundaria e participou o de Primaria, Educación Infantil e a Escola Infantil. A […]

Ler máis

Terceiro Ciclo en Santiago.

As nenas e nenos de 3º Ciclo de Educación Primaria achegámonos o pasado martes, 14 de decembro, ata a cidade de Santiago de Compostela, onde disfrutamos dun fermoso día; visitamos a Catedral e a parte monumental da cidade. Vos deixamos o enlace a Galería de Imaxes da visita. Xa agardamos a vindeira visita.

Ler máis

Magosto e Samaín 2021

Este venres pasado fixemos no noso colexio unha dobre celebración, o Samaín e un magosto. Castañas asadas, cabazas, disfraces e música encheron o patio, aulas e corredores de alegría. Nas seguintes imaxes podedes ver o moito que gozamos ese día: Galería de imaxes da Escola Infantil Galería de imaxes do primeiro ciclo de Primaria Galería de imaxes de segundo ciclo de Primaria Galería de imaxes […]

Ler máis

Excursión Museo Etnográfico da Capela

3º de Primaria visitamos o Museo Etnográfico da Capela e fixemos unha ruta polo río Sesín. Este museo recuperou do olvido elementos da cultura tradicional galega. Esta visita permitíunos achegar ás formas de vida e o traballo das xentes da zona, maneiras que están a punto de perderse polo paso do tempo. Galería de imaxes A Galería de imaxes B

Ler máis

Andaina Proxecto Ría de Ferrol

Andaina Proxecto Ría de Ferrol

Este martes 19 de outubro 4º de E. Primaria participamos nunha andaina naturalista e cultural pola nosa contorna, partindo do Concello de Fene e completando 3 itinerarios didácticos, para iniciarnos no noso Proxecto de Centro de este ano. Observación de sinalización e servizos municipais. Percorrido polo Camiño Inglés. Observacións naturalistas polas fragas e bosques próximos. Se queres ver as fotos da nosa actividade fai clic […]

Ler máis

3º Ciclo de Volta á Ría 2021.

Xa era hora!!! Despois de tanto tempo, poidemos voltar ás andadas; e que mellor xeito de comezar. As nenas e nenos de Quinto e Sexto de Educación Primaria demos un “paseiño” pola nosa Ría, traballando o proxecto de Centro deste ano e completando o do ano pasado, referido ao Camiño de Santiago. Coñecimos, de preto, recunchos da nosa Ría e o seu patrimonio industrial, cultural, […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad