Recital da Canción Mariñeira

Recital da Canción Mariñeira

Xa podemos gozar do Recital da Canción Mariñeira.

Este recital enmárcase no Proxecto de Centro deste ano: “A Ría”, que pretende aumentar o coñecemento, sensibilizar sobre o valor, a riqueza da nosa ría e a importancia que ten social, emocional, cultural, histórica, económica e medioambientalmente.

O recital foi presentado por alumnado de Secundaria e participou o de Primaria, Educación Infantil e a Escola Infantil. A ilusión, o entusiasmo e o cariño empregado permitiu acadar con creces os obxectivos propostos e ter como resultado final o recital que se pode ver no vídeo, pero tamén o proceso e a implicación de todos e todas foi tremendamente enriquecedor.

Contamos tamén cunha galería de imaxes que se pode ver facendo clic aquí.