Mandato do Meco para o martes
A Semana do Cine que celebramos esta semana, e na que participou todo o alumnado de Infantil e Primaria, rematou cunha proxección conxunta para todas a etapas educativas e ás súas familias. Queda aquí a galería de imaxes Tamén contamos coa exposición de ilustracións sobre o circo que comezou como celebración do Día da Ilustración. Tedes máis información sobre isto e fotografías no blog da […]
Achéganse os días de Entroido e con el chegan tamén os mandatos do Meco. Hoxe podedes ler o primeiro mandato para saber o que toca traer o vindeiro luns.
Se tiñas algunha dúbida sobre o uso dos colectores, olla este vídeo que fixemos na asignatura de proxecto. Vídeo
Na asignatura de Proxecto, estamos a traballar a reciclaxe. Tócalle o turno ás 3R. Se o queres tes claro, olla o vídeo, solo dura un minutiño. Vídeo
O alumnado do terceiro ciclo de Primaria comeza a actividade de Natación Escolar en colaboración co Concello de Fene.
A pesar de ter que cancelar unha boa parte dos espectáculos programados para este fin de trimestre, puidemos despedir este ano cunha intensa axenda de eventos e celebracións. Comezamos a semana co concurso de decoración das portas das aulas, nas que primaba a orixinalidade, o uso de materiais reutilizados ou de reciclaxe, e a relación co proxecto de centro deste ano: O Circo. Non foi […]
A semana pasada celebramos no colexio o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. Entre outras actividades, o alumnado de primeiro e segundo de primaria elaborou unha caravana de circo que contiña e representaba cada un dos dereitos da infancia. As fotografías podedes velas na seguinte ligazón: Galería de imaxes