O pasado 30 de xaneiro, o alumnado da Jorge Juan de Perlío celebrou o Día Escolar da Paz e a Non Violencia cun emotivo acto no que participou o alumnado de Educación Infantil, Primaria e da ESO.
O pasado 30 de xaneiro, o alumnado da Jorge Juan de Perlío celebrou o Día Escolar da Paz e a Non Violencia cun emotivo acto no que participou o alumnado de Educación Infantil, Primaria e da ESO.
O pasado 29 de novembro, o salón de actos do noso colexio acolleu a representación da obra de teatro “La luna y el sol, los viajeros del cielo”, unha actividade moi especial que contou coa participación activa das mestras de Educación Infantil, primeiro e segundo de Primaria, e coa narración a cargo do profesor de música. A obra, sinxela pero cargada de emoción, trasladou ao […]
O pasado 25 de novembro, o noso centro, a Jorge Juan de Perlío, uniuse ás actividades promovidas pola Fanpa Ferrolterra e a área de Igualdade da Deputación da Coruña no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Esta iniciativa contou coa participación de 47 centros escolares de toda a comarca, reunindo máis de 9.000 estudantes comprometidos coa loita por unha sociedade máis igualitaria […]
Durante a última semana, no CPR Jorge Juan de Perlío, realizamos unha campaña de recollida de alimentos e material para apoiar ás persoas afectadas pola DANA na Comunidade Valenciana. Grazas á solidariedade de toda a comunidade educativa, fomos recollendo e clasificando doazóns, como auga, alimentos non perecedoiros, mantas, sacos de durmir, produtos para bebés e ferramentas básicas. Todo o material recollido saiu hoxe con destiono […]
Hoxe, o Colexio Jorge Juan encheuse de sustos e risas coa celebración do Samaín. Esta festividade, que mestura tradicións celtas e modernidade, celebra o momento no que a fronteira entre o mundo dos vivos e dos mortos se fai máis fina. O alumnado chegou con disfraces creativos e arrepiantes, e no colexio, decorado para a ocasión, respirábase un ambiente de misterio. Contamos coa colaboración especial […]
Entre as actividades organizadas pola biblioteca, o “Apadriñamento Lector” destaca por unir a diferentes idades co obxectivo de fomentar a lectura e consolidar hábitos lectores. Nesta actividade, o alumnado maior convértese en padriño ou madriña lectora, lendo en voz alta aos compañeiros máis novos, recomendándolles lecturas e guiándoos no descubrimento de novas historias. Esta semana realizáronse as primeiras sesións, onde cada padriño coñeceu ao seu […]
Podedes consultar a relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2024/25 nesta ligazón.