Horario de exames
As labores de desinfección e nebulización do centro como prevención do Covid 19 impiden que a secretaría do centro poida funcionar fora do horario establecido, tanto presencial como telefonicamente. Salvo ser citados, o horario da secretaría, de 8:00 a 15:00, seguirase de xeito estrito.
Estimadas familias, O vindeiro 1 de marzo comeza o periodo de matrícula para o curso 21-22.Outros anos celebrábamos unha xornada de portas abertas para dar a coñecer as nosas instalacións e presentar a nosa proposta educativa pero este ano, por mor da situación sanitaria, non vai a ser posible.Sen embargo, non queremos que deixedes de visitar o noso centro, polo que daremos a opción de […]
Todos os anos por estas datas estaríades invitad@s ao festival de Nadal, pero como este ano é diferente, fixemos unha grabación entre todas as clases. Aquí a tedes, en estrea mundial, lista para desfrutar desde onde estedes. Darlle ao play!!!!! BO NADAL!!!! VIdeo do Festival de Nadal Un saudiño. As mestras de Educación Infantil.
Boas, familias: Como xa está a piques de chegar o Nadal, no cole estuvimos facendo algúns traballiños, cantando e bailando panxoliñas e decorando as nosas aulas. Qué gañas temos de que chegue! Aquí deixámosvos a súa ilusión, ledicia e agarimo coas que fixeron todas estas cousiñas. Galería de imaxes Unha aperta enorme e vémonos o mércores. Boa ponte!
Lembrade que facemos un descanso de 4 días e que voltaremos o mércores con moitas ganas.Unha aperta!
As setas, a vendima, o mainzo e as castañas, lucen no noso pasillo de 3º e 4º de primaria, como alimentos, cultivos ou froitos típicos destas datas.
O vindeiro luns 26 de outubro, estarà cortado o tráfico na Avenida Tarrío, diante do centro, entre as 9 e as 14h. O motivo é que se van levar a cabo as obras necesarias para adecuar a vía ao Programa BICA E ARRINCA, así como para a construcción dun paso de cebra elevado.