Periodo de matrícula para o curso 21-22

Periodo de matrícula para o curso 21-22

Estimadas familias,

O vindeiro 1 de marzo comeza o periodo de matrícula para o curso 21-22.
Outros anos celebrábamos unha xornada de portas abertas para dar a coñecer as nosas instalacións e presentar a nosa proposta educativa pero este ano, por mor da situación sanitaria, non vai a ser posible.
Sen embargo, non queremos que deixedes de visitar o noso centro, polo que daremos a opción de facer visitas guiadas de xeito individual a cada familia que esté interesada.
Estas visitas serán en horario de tarde, agás os martes, xa que hai clase no centro.

Podedes solicitar cita a través de:
981340109
cpr.jorge.juan@edu.xunta.es

Prégase facelo con antelación para organizar as quendas.
Agardámosvos!!

Se non nos podes visitar e queres saber como é o noso colexio podes ver este video: