Mandato do Meco para o xoves
Continuamos coas actividades do Entroido, este martes foi o turno de 1º e 2º de E Primaria.No obradoiro recrearon os típicos cigarróns e peliqueiros do Entroido de Ourense e unha máscara de boteiro. Galería de imaxes
Este luns os alumnos de Educación Infantil participaron nun taller de realización de piñatas realizado polo Departamento de Normalización Lingüística do centro. As piñatas se basearon nos diferentes animais típicos do Entroido galego: 3 anos fixeron a cachola do porco, 4 anos o oso de Salcedo e 5 años o loro Ravachol. Todos eles estarán expostos durante toda a semana no patio do centro.
Comezamos o Entroido este luns, e con el, moitas actividades previstas, programadas polo departamento de normalización lingüística do noso cole. O Meco xa está a facer das súas e deixou o venres escrito o seu mandato. Así que toma ben nota e dalle a benvida ao Entroido.
La Voz de Galicia publica un artigo sobre o programa “Cans e letras” que o noso centro retoma este ano despois do bos resultados do ano pasado. O artigo pódese ler aquí
A partir do 1 de marzo ábrese o prazo de solicitudes para a matrícula de nenos e nenas de 1 a 3 anos, para a Escola Infantil. Recordamos que pdedes acudir a xornada de portas abertas o venres 22 de febreiro para coñecer o noso proxecto e o noso centro. Agardámosvos.
O pasado martes 5 de febreiro, os alumnos e alumnas de primeiro, e o día 12 os de segundo de primaria, visitaron o museo de Belas Artes da Coruña. Entre outras grandes obras da pintura puideron coñecer o cadro de Rubens, “Dédalo e o Minotauro”, guiados por educadoras que fixeron máis comprensible e accesible estas obras clásicas.A xornada rematou coa realización dun obradoiro no que […]