La Voz de Galicia publica un artigo sobre o programa “Cans e letras” que o noso centro retoma este ano despois do bos resultados do ano pasado. O artigo pódese ler aquí
La Voz de Galicia publica un artigo sobre o programa “Cans e letras” que o noso centro retoma este ano despois do bos resultados do ano pasado. O artigo pódese ler aquí
A partir do 1 de marzo ábrese o prazo de solicitudes para a matrícula de nenos e nenas de 1 a 3 anos, para a Escola Infantil. Recordamos que pdedes acudir a xornada de portas abertas o venres 22 de febreiro para coñecer o noso proxecto e o noso centro. Agardámosvos.
O pasado martes 5 de febreiro, os alumnos e alumnas de primeiro, e o día 12 os de segundo de primaria, visitaron o museo de Belas Artes da Coruña. Entre outras grandes obras da pintura puideron coñecer o cadro de Rubens, “Dédalo e o Minotauro”, guiados por educadoras que fixeron máis comprensible e accesible estas obras clásicas.A xornada rematou coa realización dun obradoiro no que […]
Radiofusión entrevista ao director do noso centro en relación proxecto: “Agora imos andando ao cole”. O proxecto é iniciativa da asociación “Stop Accidentes”, ao que se suma o colexio Jorge Juan de Perlío deseñando roteiros seguros para que o alumnado poida acudir a pe ao colexio, a partir do curso que ven. A entrevista completa pódese ler aquí
Hoxe, martes 12 de febreiro, as nosas mestras da Escola Infantil organizaron un divertido e interesante obradoiro de Musicoterapia; onde poideron participar os nenos e nenas da nosa Escola Infantil acompañados das súas familias. Realizaron diversas técnicas para fomentar a estimulación e aprendizaxe dos bebés coa axuda da música. Moitas grazas ás familias que se animaron a participar!!!!!! Galería de Imaxes.
Despois de implantar o ano pasado o Programa “Perros y Letras“, orientada a mellorar as habilidades de lectura dos nenos e nenas que presentaban máis dificultades, neste proceso, e debido aos bos resultados acadados con eles; este ano decidimos continuar co mesmo, e polo tanto, contaremos outro ano mais coa compaña da cadela Nora e a súa responsable Laura. Esperemos acadar os mesmos éxitos que […]
Un grupo de alumnos/as da ESO do noso cole acudirán o vindeiro 26 de abril de 2019 a competir na “V Competición de Robots de la EEI” na Sede Campus da Escola de Enxeñería Industrial da UVigo. Enlace á web do evento http://eei.robots.webs.uvigo.es/ O obxetivo desta competición é acercar a Universidade aos alumnos da ESO e bacharelato ademáis de promocionar as titulacións da EEI e […]
O pasado venres 1 de Febreiro acudimos a Radio Fene a presentar o programa da Biblioteca Escolar do noso cole. Fomos unha representación de alumnas e alumnos para contar e demostrar o traballo que estamos a facer. Este curso entramos a formar parte do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia), polo que estamos a converter a nosa Biblioteca nun espazo dinámico e […]
Temos a Xornada de Portas de Abertas o día 22 de febreiro para coñecer o noso centro e o noso proxecto educativo.