Continuamos co Programa “Perros y Letras”.
Despois de implantar o ano pasado o Programa “Perros y Letras“, orientada a mellorar as habilidades de lectura dos nenos e nenas que presentaban máis dificultades, neste proceso, e debido aos bos resultados acadados con eles; este ano decidimos continuar co mesmo, e polo tanto, contaremos outro ano mais coa compaña da cadela Nora e a súa responsable Laura.
Esperemos acadar os mesmos éxitos que o pasado ano.