Excursión Domus e Torre de Hércules

Hoxe luns 18 de marzo cuarto de primaria visitamos a Domus e a Torre de Hércules en Coruña. Unha interesante saída onde nos divertimos e reflexionamos sobre as características da especie humana, vimos unha peli científica e coñecimos o faro, que leva orientando aos mariñeiros dende épocas do imperio romano.Galería de imaxes

Ler máis

Casa de Wenceslao-Parque Pasatempos

O venres 18 de marzo os nenos e nenas de terceiro visitamos a Casa do escritor galego Wenceslao Fernández Flores en Cambre e demos un paseo pola beira do río preto da casa. Despois comimos no parque de Betanzos e coñecimos o Parque do Pasatempos da mesma localidade, dando fin así a unha xornada divertida e entretida. Galería de imaxes

Ler máis

Día da Muller

Onte, 8 de marzo, todos os membros da comunidade educativa que formamos parte da Jorge Juan de Perlío, celebramos o Día da Muller. Como acto final dos traballos realizados nas aulas sobre a importancia da igualdade, desenvolvéronse no patio estas actividades: Gran cadea de papel formando o símbolo da muller. Elaborouse unha grande cadea, formada por eslavóns con mensaxes, nomes e ideas que dun xeito ou […]

Ler máis

Chocolatada e Queima do Meco

Chocolatada e Queima do Meco

O xoves pasado, 7 de marzo, celebramos a Chocolatada e Queima do Meco. Como todol os anos, o alumnado puido disfrazarse libremente para gozar desta celebración. Primeiramente, os nenos e nenas dende a Escola Infantil ata ESO, gozaron co chocolate, para despois pasar a queima do meco, que como sempre no entroido nos tolea cos seus mandatos. Galería de imaxes

Ler máis

Matrícula Curso 2019-20.

Aberto Prazo de Matrícula Curso Escolar 2019-2020. Anexos de matrícula. Matriculación on-line. Con certificado dixital.

Ler máis

Entroido na Jorge

Alumnado e familias disfrutaron hoxe dunha xornada de disfraces, bailes e troula. Toda a rapazada do centro celebrou hoxe o Entroido cun día festivo no que os disfraces e as actuacións deixaron a todo o público abraiado. As familias puideron asistir e ver os traxes e aos grupos bailar no patio. A temática estivo maiormente relacionada coa biblioteca e a literatura. Fotos da Educación InfantilFotos […]

Ler máis

Visita ao Diario de Ferrol

Hoxe xoves o alumnado de cuarto de primaria visitó as instalacións do Diario de Ferrol. Poideron apreciar o Museo Periodístico, onde se atopan diferentes máquinas que forman parte da historia da información, tanto escrita como audivisual. Tamén estiveron na redación e participaron xunto cunha editora no proceso de elaboración dunha noticia Galería de imaxes

Ler máis

Pantallas de Xinzo

Rematamos a semana do Entroido cun obradoiro para o alumnado de 6º de E. Primaria. Nesta ocasión recreamos as pantallas de Xinzo, características polos seus chapeus e as vexigas que levan nas mans. Galería de imaxes

Ler máis

Mandato do Meco

Éste é o mandato do Meco para o venres

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad