Pensando na celebración do Día do Medio Ambiente, o próximo 5 de xuño, o alumnado de primeiro e segundo de primaria decidiu ir adiantando traballo. Gozamos dun momento moi agradable plantando flores no horto. Galería de imaxes
Pensando na celebración do Día do Medio Ambiente, o próximo 5 de xuño, o alumnado de primeiro e segundo de primaria decidiu ir adiantando traballo. Gozamos dun momento moi agradable plantando flores no horto. Galería de imaxes
O xoves pasado, 9 de maio, visitou o noso centro un contacontos. O alumnado de primeiro e segundo de primaria tivo ocación de escoitar e participar na narración dramatizada do conto: “O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas”. Galería de imaxes
Este pasado venres 10 de maio e co gaio da celebración das Letras Galegas e a chegada do mes de maio, celebrouse nas instalacións do asteleiro de Navantia o evento “Un mar de muiñeiras”. Unha representación do alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO acompañou aos mestres Montse e Carlos na gran congregación organizada polo Centro de Formación e Recursos a través do Grupo […]
A alumna de 4º da ESO Fátima López acada un posto de finalista na 6º edición do certame literario. O concurso conmemora este ano o 30º aniversario da incorporación da muller ás Forzas Armadas.
Xa podemos desfrutar en todas as clases do cole da Primeira Edición de Tortu News, que coa participación e colaboración de todo o noso alumnado e profesorado puidemos xa publicar. Nela poderedes atopar diferentes artigos, entrevistas e opinións que neste segundo trimestre foron elaborando as diferentes clases. Deixamos aquí a versión on line, para que tamén podades desfrutar dela, esperando xa as próximas edicións. https://www.flipsnack.com/cprjorgejuan/revista-tortu-news.html
Este xoves día 9 de Maio, Sonia Zaragoza conversou co alumnado de 3º e 4º de ESO sobre a importancia da formación académica nas enxeñarías e o impacto das mesmas no mercado laboral mediante o emprendemento. Sonia abordou a conversa tendo en conta unha perspectiva feminina e a circunstancia de ser disléxica.Sonia Zaragoza leva unha empresa de proxección internacional de 50 traballadores, é doutora en […]
Estes días en BiblioTortu, estivemos a ler para celebrar o día do libro dun xeito diferente. Os maiores leron aos pequenos, nomeando así padriños e madriñas lectores. O alumnado de Secundaria apadrinou ao alumnado de Educación Infantil, e o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, apadrinou ao alumnado de 1º, 2º e 3º. Que mellor maneira de celebrar o Día do Libro que […]
O alumnado conseguiu visitar os monumentos e a cidade aínda que o tempo non acompañou. O venres de mañá comezará a viaxe de volta. Galería