O alumnado da ESO participa no evento “Un mar de muiñeiras”

Este pasado venres 10 de maio e co gaio da celebración das Letras Galegas e a chegada do mes de maio, celebrouse nas instalacións do asteleiro de Navantia o evento “Un mar de muiñeiras”.

Unha representación do alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO acompañou aos mestres Montse e Carlos na gran congregación organizada polo Centro de Formación e Recursos a través do Grupo de Traballo de Danza Tradicional.

O acto xuntou a máis de 600 estudantes da comarca de Ferrolterra para bailar unha muiñeira interpretada en directo pola agrupación A Banda das Crechas. O resultado estará disponible a partires do 17 de maio na plataforma Youtube.

Galería