Exposición: “Operación Monarca”.

Do 18 de maio ao 30 de maio de 2011 na Biblioteca do colexio poderedes ver a “Exposición: Operación Monarca”. Un dos fenómenos máis abraiantes que nos ofrece a natureza galega, é unha visitante de alén do Atlántico: a bolboreta Monarca, que voa miles de quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e nos visita cada outono cun sixilo que non fai honra a […]

Ler máis

Excursión a “Marcelle Natureza” do 2º Ciclo de E.P.

O pasado mércores, día 4 de maio, os alumnos e alumnas do 2º Ciclo de Educación Primaria (3º e 4º) visitaron o parque natural “Marcelle Natureza”, situado en Outeiro de Rei. Nel disfrutaron dunha xornada en contacto coas distintas especies de animais salvaxes e autótonas. En breve podremos disfrutar dalgunhas das imaxes máis dos nenos e nenas, así como tamén dalgúns dos animais que alí poderon ver […]

Ler máis

Educar en Saúde: “Decídete polos bos hábitos”.

As nenas e nenos de 5º curso de Educación Primaria participarán neste mes de abril nos obradoiros de nutrición organizados pola consellería de Asuntos Sociais relacionados coa importancia dunha boa alimentación para poder gozar de boa saúde. Ditos obradoiros realizaranse en dúas sesións: A primeira centrarase nos seguintes aspectos: Importancia dos bos hábitos. Información sobre o alcohol.Como influen as nosas decisións e a importancia da […]

Ler máis

Derradeira sesión do “Cinensino”

O mércores, día 11 de maio, os nenos e nenas do terceiro ciclo de Primaria terán a posibilidade de asistir e disfrutar do derradeiro filme do programa “Cinensino”. Unha vez máis a proxección terá lugar na Casa da Cultura de Fene e nesta ocasión a película que se vai pasar é “Fantástico Sr. Fox (Fantastic Mr. Fox)”. Para ver máis información acerca do filme: http://www.innova.gl/gal/epo3.html http://www.filmaffinity.com/es/film604587.html

Ler máis

É o turno da piscina d@s nen@s de 1º e 6º!

Durante este último trimestre do curso escolar (meses de abril, maio e xuño) serán os alumnos e alumnas do 1º e o 6º curso os que tomen o relevo dos compis de 2º, 3º, 4º e 5º asistindo á piscina municipal de Centieiras e participando no programa de “Natación Escolar” do Excmo. Concello de Fene. Os horarios nos que participarán son os seguintes: Luns de 11:15 […]

Ler máis

Día Mundial Forestal.

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Fene ven de organizar unha programación que comezará o mércores 23 de marzo e rematará o venres 1 de abril cunha plantación de árbores a cargo dos escolares dos colexios. Como non, os nenos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria  do noso Colexio, participaron neste programa; acudindo o venres, 1 de Abril, ao Monte Marraxón […]

Ler máis

Visita dos alumn@s ao Tercio Norte.

As alumnas e alumnos de 4º de E.S.O., 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, do noso colexio, visitaron hoxe, mércores día 23 de de marzo do 2011, as instalacións militares do Tercio Norte situadas na cidade de Ferrol.

Ler máis

Colexio Jorge Juan en “Fene lendo a mulleres”.

Coa celebración do Día Internacional da Muller Traballadora (8 de Marzo) o departamento do servicios sociais do concello de Fene organiza o 18 de marzo o maratón de lectura “Fene lendo a mulleres”.

Ler máis

Entroido 2011

Aquí podedes ver as fotografías que se fixeron durante a celebración do Entroido 2011. Os posados dos grupos dende Escola Infantil ata o 6º Curso de Educación Primaria. Polo noso Colexio pasaron desde Hippies, Bob Esponja, os personxes do Mundo Máxico do Contos e o Grande Mundo do Circo, con todos os seus personaxes. A verdade é que disfrutamos moito desta festa.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad