Teatro dos Alumn@s de Quinto Curso.

Coa celebración da Semana das Letras Galegas, os alumnos e alumnas de Quinto curso de Educación Primaria realizarán unhas representacións teatrais. Nesta primeira ocasión os alumnos e alumnas  de 5º A  representarán a obra “O Lobishome” de Paula Carballeira. Será maña, venres 20 de maio, no Sálón de Actos do Colexio. A obra trata sobre unhs cazadores que tentarán de capturar o lobishome pero estes non contan coa axuda que lle prestarán os amigos á besta.

Para a próxima semana será  turno dos alumnos e alumnas de 5ºB, que representarán a obra “Viaxe ao País de Ningures” unha adaptación da obra de Manuel Lourenzo; que trata sobre a vida dun home triste que quere coñecer a vila de Beiramar.