Día Mundial Forestal.

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Fene ven de organizar unha programación que comezará o mércores 23 de marzo e rematará o venres 1 de abril cunha plantación de árbores a cargo dos escolares dos colexios.

Como non, os nenos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria  do noso Colexio, participaron neste programa; acudindo o venres, 1 de Abril, ao Monte Marraxón para realizar unha plantación de árbores.

Unha vez realizada a plantación desexar que pronto medren esas árbores, e que logo podamos disfrutar da súa sombra. A verdade é que os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria disfrutaron moito desta actividade, e como mostra deixamos algunhas fotos da actividade.