As alumnas de 1º A de E.S.O., Jeanette Fernández, Andrea García, Nerea Mouriz, Elena Picallo e Ada Seijo, dentro da área de Relixión, crearon esta bonita poesía: Flor de Mayo
As alumnas de 1º A de E.S.O., Jeanette Fernández, Andrea García, Nerea Mouriz, Elena Picallo e Ada Seijo, dentro da área de Relixión, crearon esta bonita poesía: Flor de Mayo
O día 23 de maio, nosos alumnos e alumnas de 4º de E.S.O., efectuaron unha saída que consistiu na visita ao Arsenal Militar de Ferrol. Subiron a bordo da F-103 “Blas de Lezo”, pertencente á 31 escuadrilla, onde lles mostraron,entre outras moitas cousas, a ponte de mando, o sistema de combate e as distintas cubertas e instalación do buque.
O Luns, 6 de Xuño, os nenos e nenas de Educación Infantil foron de excursión a “Granxa Escola do Belelle”. Alí, os nenos pasaron o día vendo aos animais e participando nos seus coidados e alimentación. Tamén poideron disfrutar dos talleres prácticos que para eles tiñan organizados. Podedes ver maís información aquí.
Hoxe, xoves participamos nas xornadas de xogos populares organizada polo Excmo. Concello de Fene. Este ano compartimos a actividade cos compañeiros e compañeiras do C.E.I.P. “O Ramo” e do C.E.I.P. “Os Casais”, e pasamos unha mañá moi animada e divertida xogando coas cordas á comba e ao soga-tira, ao brilé, o pano, a chave, correndo cos sacos, aos tres pes… e o que é máis importante, xogando, compartindo e facendo […]
Os nenos e nenas do 3º Ciclo de Educación Primaria realizarán unha vista á cidade de Madrid, como premio polo esforzo realizado ao longo deste curso. A saída será o próximo martes 14 de xuño, as 8:00h da mañá; e o regreso o venres 17 de xuño sobre as 23:00 h. Nesta viaxe os alumnos e alumnas poderán coñecer distintos lugares de interese da capital, así como disfrutar do […]
Os pasados Xoves 19 e Venres 20 de Maio, os alumnos e alumnas de 5 e 4 anos, realizaron unha visita as instalacións do Parque de Bombeiros de Ferrol. Alí coñeceron: a varios bombeiros, onde durmen, comen, descansan, a centralita de chamadas de emerxencia, cómo actúan cando hai unha emerxencia e como non, os coches de bombeiros, que os poidemos ver dende moi preto. Para rematar a xornada, nada […]
Coa celebración da Semana das Letras Galegas, os alumnos e alumnas de Quinto curso de Educación Primaria realizarán unhas representacións teatrais. Nesta primeira ocasión os alumnos e alumnas de 5º A representarán a obra “O Lobishome” de Paula Carballeira. Será maña, venres 20 de maio, no Sálón de Actos do Colexio. A obra trata sobre unhs cazadores que tentarán de capturar o lobishome pero estes non contan coa axuda que […]
Do 18 de maio ao 30 de maio de 2011 na Biblioteca do colexio poderedes ver a “Exposición: Operación Monarca”. Un dos fenómenos máis abraiantes que nos ofrece a natureza galega, é unha visitante de alén do Atlántico: a bolboreta Monarca, que voa miles de quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e nos visita cada outono cun sixilo que non fai honra a […]
O pasado mércores, día 4 de maio, os alumnos e alumnas do 2º Ciclo de Educación Primaria (3º e 4º) visitaron o parque natural “Marcelle Natureza”, situado en Outeiro de Rei. Nel disfrutaron dunha xornada en contacto coas distintas especies de animais salvaxes e autótonas. En breve podremos disfrutar dalgunhas das imaxes máis dos nenos e nenas, así como tamén dalgúns dos animais que alí poderon ver […]