Chegou o Outono.

Chegou o outono ao noso Colexio, o que supuxo un morea  de trocos no noso contorno, e por iso, os nenos e nenas de Educación Infantil, celebraron o pasado día 14 de Outubro a “Festa do Outono”; onde os nenos, axudados das súas familias, trouxeron diversos froitos desta época. Fixeron un montón de actividades, todas elas moi interesantes. Para saber un pouco maís picade no seguinte enlace do Blog de Educación Infantil.

 

 O igual que os nenos e nenas de Infantil, os rapaces e rapazas de 6º Curso de Educación Primaria (dentro da área de Lingua Galega), prepararon unha exposición adicada o Outono, relacionada cos productos que se dan nesta estación do ano, así como, aparellos que se empregan para aproveitar os froitos.  E agora, para rematar a festa, celebraremos o vindeiro venres, día 28 de Outubro, a Festa do Magosto.