XIII Xornadas de Educación Viaria en Educación Infantil.

Ao longo da semana do 23 ao 27 de xaneiro, a etapa de Educación Infantil organizou as XIII Xornadas de Educación Viaria con diferentes actividades relacionadas como: lectura de contos, visualización de películas, manualidades… Para levar á práctica todo o traballado na aula, os nenos e nenas de 3 anos realizaron un percorrido polo entorno e os de 4 anos un circuíto vial no pavillón […]

Ler máis

Visita á Fundación da Obra Social Abanca.

Os nenos e nenas de primeiro e segundo de Educación Primaria, asistiron hoxe, luns 23 de xaneiro,  o Edificio da Obra Social da  Fundación Abanca, situada no Cantón en Ferrol. A visita consistiu en coñecer a Exposición de Arte de Vari Carames, xunto coa realización de talleres de pintura nos que traballaron os nenos e nenas, sendo eles os propios artistas. Galería de Imaxes.

Ler máis

Charla Plan Director.

A semana pasada, os alumnos e alumnas de 5º, 6º de Educación Primaria e os alumnos e alumnas de ESO, participaron nas charlas ofrecidas pola Guardia Civil, pertencentes ao Plan Director. Estas charlas versan sobre temas tan importantes e de tanta actualidade como son: “Os Riscos de Internet a as Redes Sociais” e “Acoso Escolar”. Esperamos que os nosos rapaces e rapzas aproveitaran estas interesantes charlas.

Ler máis

Construínndo Pontes. A chegada da Electricidade.

Os nenos e nenas de quinto e sexto curso de Educación Primaria participaron, o pasado xoves día 12 de xeneiro, nas charlas sobre a actividade enmarcada no programa de recuperación da memoria histórica de Fene, “Construíndo Pontes”, na que se recolle información sobre como era a vida antes de que chegara a electricidade e os aparellos eléctricos e como se foi evolucionando co paso do tempo […]

Ler máis

Festival de Nadal Educación Infantil 2016.

O pasado mes de decembro os nenos e nenas de Educación Infantil, axudados polas súas mestras, realizaron o tradicional Festival de Nadal para as familias, onde despois de moitos días de ensaio amosaron o bo artistas que son. E para que o poidades comprobar, deixamos estes vídeos. Nenos e nenas de 3 anos. Nenos e nenas de 4 anos. Nenos e nenas de 5 anos. Grupo […]

Ler máis

Coñecendo o Porto de Burela.

O pasado luns e martes, 19 e 20 de decembro, os nenos e nenas de 5º e 6º curso de Educación Primaria, nos achegamos a coñecer o porto de Burela, na Mariña Lucense. Esta visita está encadrada dentro do programa escolar de divulgación dos recursos do mar: “Mares de Cultura. Os nenos e o mar”. O luns 19, achegouse ata o noso colexio, Carlos, un dos […]

Ler máis

Festival de Nadal Educación Primaria 2016.

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria, xunto cos seus mestres e mestras, prepararon ao longo deste trimestre o Festival de Nadal 2016, onde amosaron a súa creatividade e bon facer, seguro que as familias disfrutáchedes da súa actuación; e para aqueles/as que non poideron acudir, ou os que queiran recordalo; deixamos estes vídeos. Feliz Nadal e Prospero 2017. “Musical de […]

Ler máis

A Dama do Xeo.

Pasa o tempo polo camiño que percorren as aulas, recorren as estacións os corredores, sopra  o nordés, recio e afiado  por tódalas beirarrúas; se sinte xa nas prazas e se intúe nalgúns patios. As árbores se miran e se resignan, despedíndose xa das últimas follas. Calan os paxaros e se escoitan panxoliñas. Deslúmbranse as miradas, e pérdense esvaídas nos xogos de luces que nos asaltan […]

Ler máis

Visita ao RESANES.

Os alumn@s de 3º e 4º de Primaria visitamos a Residencia de Maiores Resanes en Fene. Alí poidemos coñecer de primeira man: cómo viven as persoas que chegadas a unha idade non poden vaerse por si mesmas, onde durmen, os coidados que reciben, cómo pasan os seus momentos de lecer…. Cantámoslles unhas cancións e panxoliñas que levábamos ensaiadas, pero eles nos sorprenderon con outras e ata cun agasallo dunha […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad