Construínndo Pontes. A chegada da Electricidade.

Os nenos e nenas de quinto e sexto curso de Educación Primaria participaron, o pasado xoves día 12 de xeneiro, nas charlas sobre a actividade enmarcada no programa de recuperación da memoria histórica de Fene, “Construíndo Pontes”, na que se recolle información sobre como era a vida antes de que chegara a electricidade e os aparellos eléctricos e como se foi evolucionando co paso do tempo e a incorporación de novos inventos no concello de Fene así como as lembranzas das persoas participantes.

Con este traballo destacamos a valiosa contribución que fan as persoas participantes ás xeracións máis novas valorando o pasado e a súa influencia no presente, aproveitando estas experiencias para non perder de vista as orixes e valorar as facilidades que agora se teñen e fan a vida mais doada. Agradecemos a visita destas persoas ao noso Centro para darnos a coñecer as súas vivencias.

Galería de Imaxes.