Semana do Libro.

Ler máis

Charla Save the Children.

Onte, xoves 12 de abril do 2018, os rapaces de 1º e 2º da ESO e os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria, asistiron a unha charla, onde un dos responsables da ONG “Save the Children” nos explicou a súa labor e nos agradeceu a nosa colaboración co programa dos marcapáxinas solidarios. Fíxonos saber a importancia da solidariedade e a verdadeira […]

Ler máis

Visita a Escola Politécnica Superior.

Na mañá de onte, 11 de abril, os rapaces e rapazas de 4º de Educación Secundaria achegáronse ata Ferrol para conecer as posibilidades formativas que ofrece a Escola Politécnica Superior, así como tamén as súas modernas instalacións. Os alumnos e alumnas visitaron: a canle de ensaios, o subamarino para probas, o taller de fluidos co tunel do vento, o taller de laser, entre outras. Galería […]

Ler máis

Viaxe a Mérida II.

Derradeiro día de visita a Mérida. O tempo acompañou e poidemos visitar o abraiante Museo de Arte Romano e desfrutar do centro da cidade. Mañá toca bús; a ver si vos levamos un pouco deste clima estupendo. Galería de Imaxes.

Ler máis

Xornada de Atletismo Divertido.

O pasado venres, día 23 de marzo, os nenos e nenas de Educación Primaria, achegáronse ata o Pavillón da Xunqueira para participar na Xornada de Atletismo Divertido organizada polo Concello de Fene. Nesta xornada os nosos nenos e nenas poideron amosar as súas capacidades nas distintas modalidades organizadas. Galería de Imaxes.

Ler máis

Cinensino.

Onte, día 22 de marzo do 2018, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria, tiveron a xornada de Cinensino correspondente ao 2º Trimestre. Nesta ocasión e como coincidia co Día da Auga, a película que poidemos ver estaba relacionada co coidado e respecto ao medio ambiente, “Hermanos del Viento”. Gozamos das fermosas paisaxes que se podían ver nesta entretida película. Galería […]

Ler máis

4º Educación Primaria de visita en A Coruña.

Este luns, 19 de marzo, os rapaces e rapazas de 4° de E.Primaria, fixeron unha saída lúdica/educativa á Domus e á torre de Hércules,onde a parte de disfrutar das instalacións, aprenderon moitas curiosidades da evolución do home,os sentidos ,a anatomía humana…, veron un documental en 3D, e remataron a excursión coa visita ó faro romano da Torre de Hércules. Galería de Imaxes.

Ler máis

Celebración do Día da Árbore e Día da Auga.

O día 21 de marzo conmemórase o Día Forestal Mundial e o día 22 de marzo, por decisión da ONU en 1993, conmemórase o Día Mundial da Auga, que neste ano 2018 refírese a calidade da auga, necesaria para a conservación de ecosistemas sans e para o benestar humano. Para conmemorar, de xeito transversal e interrelacionado estas dúas efeméride dende o Concello de Fene propúxonos para os […]

Ler máis

Visita a Exponav de 1º e 2º de Educación Primaria.

Na mañá de hoxe, venres 16 de marzo, os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria se achegaron ata a cidade de Ferrol para visitar o Museo da Construcción Naval “Exponav”. Alí percorreron as distintas salas onde observaron as distintas pezas do museo relacionadas coa construcción naval. Galería de Imaxes.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad