Charla Save the Children.
Onte, xoves 12 de abril do 2018, os rapaces de 1º e 2º da ESO e os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria, asistiron a unha charla, onde un dos responsables da ONG “Save the Children” nos explicou a súa labor e nos agradeceu a nosa colaboración co programa dos marcapáxinas solidarios. Fíxonos saber a importancia da solidariedade e a verdadeira repercusión que esta supón. Ademais nos fixo entrega dunha placa, onde se recoñece esta labor solidaria que o noso centro leva realizando durante varios anos. Dende o centro nos gustaría transmitir este agradecemento ás familias que axudades e colaborades neste programa, xa que sodes os verdadeiros protagonistas desta labor solidaria. Moitas grazas e animádevos a seguir colaborando.