Educación Vial.

Esta semana os aumnos e alumnas de Educación Infantil realizamos unhas divertidas xornadas de Educación Viaria. O mércores os nenos e nenas de 5 anos fixeron unha visita combinada ao Parque de Educación Viaria de Barallobre e máis o Museo do Humor de Fene.

Os nenos e nenas de 4 anos fixeron un divertido circuito no pavillón do centro organizado por Protección Civil. E hoxe os máis pequenos/as do ciclo levaron a cabo unha caminata acompañados pola Policía Local polo contorno máis próximo. Mediante estas actividades recoñecen, traballan e aprenden cales son as normas de seguridade vial e as súas sinais.

Galería de Imaxes.