Premer nesta ligazón
Premer nesta ligazón
O alumnado de primeiro e segundo de primaria realizaron o pasado mércores, 19 de xuño, a excursión de fin de curso. O lugar elixido para esta saída foi Aldea Nova en Narón. Alí puideron gozar do contacto con animais e a realización de moitas actividades relacionadas co medio ambiente. Galería de imaxes.
Ésta foi para os alumnos e alumnas de terceiro e cuarto de primaria a nosa última excursión, e o sitio elexido: “A Granxa do Souto”. Un lugar onde coñecimos as necesidades e diferencias dos animáis que conviven nunha granxa, ensináronnos a preparar e ensillar un cabalo, e cómo non, tivemos a oportunidade de montalo. Ademáis participamos tamén nos obradoiros de mainzo, horta e interacción animal, […]
Onte en Bibliotortu vivimos unha xornada moi interesante, puidemos desfrutar da realización e gravación dun programa de radio en directo. O equipo do programa Filispim Vai!! (A radio libre e comunitaria da comarca de Trasancos) montou o seu estudo de gravación na nosa biblioteca. E por alí pasaron alumnos, alumnas e mestres para falar de todas as nosas actividades, proxectos e demostracións: falamos da biblio, […]
O pasado mes de maio, os nenos e nenas de Quinto e Sexto Curso de Educación Primaria, participaron no concurso de Teño Talento, onde amorason todas as súas habilidades en distintas disciplinas. O xurado tivo moi dificil seleccionar os gañadores pero o máis importante de todo foi a participación e o moito que desfrutamos da xornada. Galería de Imaxes.
O alumnado da ESO poderá coñecer as súas cualificacións finais o luns 24 de xuño. O vindeiro día 24 de xuño ás 12:30 en cada aula procederase á lectura persoal das notas finais do alumnado. Deste xeito queda aberto o prazo de reclamacións que durará o luns e o martes día 25. O mércores 26 ás 12:00 procederase á entrega de boletíns de cualificacións. Os […]
Novamente o alumnado de primaria da Jorge Juan puido participar na xornada de xogos populares organizada polo Concello de Fene. A semana pasada, o venres 24 de maio, desprazámonos ata A Xunqueira para compartir un tempo de xogo con outros colexios do concello. Galería de imaxes.
O noso ANPA informa da convocatoria da reunión de socios/as para o próximo día 30 de mayo, ás 4:00 h da tarde en primeira convocatoria e ás 4:15 h en segunda convocatoria, no Salón de Actos do Centro; co seguinte orde do día: 1 . Renovación da xunta directiva. 2. Situación presupuesto do Anpa. 3. Posibles actuacións para o próximo curso. Rogamos asistencia.