As setas, a vendima, o mainzo e as castañas, lucen no noso pasillo de 3º e 4º de primaria, como alimentos, cultivos ou froitos típicos destas datas.
As setas, a vendima, o mainzo e as castañas, lucen no noso pasillo de 3º e 4º de primaria, como alimentos, cultivos ou froitos típicos destas datas.
Boas, familias!Como xa sabedes, o vindeiro luns @s nen@s de E. I. festexaremos o Samaín e temos previsto facer unha exposición de cabazas terroríficas no patio do centro. Quedades tod@s convidados a participar.Disfrutade desta esperiencia c@s peques!!!!Un saudo.As mestras de E. Infantil
Ola familias:O outono xa está aquí e con él moitas festas e celebracións. Este ano decidimos separar o “Magosto” do “Samaín. Este venres 30 de Outubro festexaremos o “Magosto” onde degustaremos unhas ricas castañas na hora da merenda, bailaremos e cantaremos na aula. O vindeiro luns 2 de Novembro terá lugar a festa do “Samaín” na cal @s peques virán vestidos da casa co seu […]
Boas, familias: Como xa sabedes, este sábado 24 de outubro non puidemos celebrar o día da nosa biblioteca pero a cativada de Educación Infantil fixemos unhas actividades relacionadas coa súa mascota “a nosa querida Tortu” e comentounos que nos depara unha morea de sorpresas. Estade preparad@s! Aqui vos ensinamos algunhas fotiños. Galeria de imaxes Podedes seguir as aventuras de Tortu no blogue blibliotortu.blogspot.com Un saudiño. […]
Este 24 de outubro non podemos celebrar o día da nosa biblioteca como se merece, pois as circunstancias sanitarias non permiten gozar deste espazo como estabamos acostumados. Pero queremos recordarvos que seguimos funcionando, pensando a maneira de achegar as nosas propostas e compartir con toda a comunidade os nosos contidos. Así que estade moi atentos e atentas as publicacións no blogue de biblioteca blibliotortu.blogspot.com , […]
O vindeiro luns 26 de outubro, estarà cortado o tráfico na Avenida Tarrío, diante do centro, entre as 9 e as 14h. O motivo é que se van levar a cabo as obras necesarias para adecuar a vía ao Programa BICA E ARRINCA, así como para a construcción dun paso de cebra elevado.
A ANPA colabora este a no co Banco de Alimentos de Ferrol, polo que anima a doar alimentos e artigos de hixiene persoal na caixa situada na entrada da secretaría do Colexio, xunto aos sofás. Dende o mércores 14 de outubro ata o vindeiro 22 de decembro. Grazas de antemán polas súas contribucións.
Ola familias: Como xa vos dixemos en publicacións anteriores, temos máis fotiños das actividades que estamos facendo relacionadas co Outono. Nestas instantáneas podedes ver o ben que o están a pasar con todas as cousiñas que trouxeron; millo, castañas, ourizos, noces. Tamén estiveron probando algunhas froitas como granadas, caquis, uvas, mazás e mandarinas. Galería de imaxes Estaba todo boísimo! Moitas grazas familias!
Vaia, vaia! Qué lambón este Pepiño! Hoxe tivemos a festa de Benvida e quixo comer todos os flocos de millo. Queremos dicirlles @s peques de 3 anos que comezan unha nova etapa, que o imos pasar xenial, que desfruten coas aventuras de Popi e que mandámoslles unha morea de bicos e apertas. Como non puidemos facer unha festa tod@s xuntiños, ensinámoslles uns bailes moi divertidos […]