Está aberto prazo de matrícula para a Escola Infantil Jorge Juan. Todas as persoas interesadas poden ter máis información chamando ao colexio, no número 981 340 109, e tamén facerse unha idea do noso xeito de traballar vendo o seguinte vídeo:
Está aberto prazo de matrícula para a Escola Infantil Jorge Juan. Todas as persoas interesadas poden ter máis información chamando ao colexio, no número 981 340 109, e tamén facerse unha idea do noso xeito de traballar vendo o seguinte vídeo:
Unha vez máis amosamos o noso firme compromiso polo cambio cando falamos de Medio ambiente. Sabemos que o noso planeta está a sufrir grandes catástrofes pola contaminación que xeramos e estamos convencid@s de que pequenos xestos individuais teñen grandes efectos na sociedade. Pero tamén sabemos que a concienciación é fundamental. Por todo isto unímonos á Movilización Global convocada o 19 de Marzo por “Juventud por […]
As diferentes etapas educativas realizaron actividades vencelladas á celebración. O día 8 de marzo celébrase o Día da Muller e o noso centro quixo participar desde todas as súas etapas con diferentes actividades. Desde a Escola Infantil fixeron este mural para conmemorar o día: O alumnado de Ed. Infantil gozou da representación da historia de Amelia Earhart, pioneira da aviación feminina. Tamén o celebraron con […]
Boas familias: Rematamos esta semana cuns preparativos para un día moi especial. Qué será? Emplazámosvos para o vindeiro luns e poderedes ver o que acontece na nosa web. Deixámosvos un pequeno adianto. Video de Amelia Earhart Galería de imaxes Un saudiño e boa fin de semana.
Xa temos nas nosas mans o número 4 da revista máis famosa e máis esperada da nosa comunidade: Tortu News. Nela poderedes atopar diferentes artigos escritos con dedicación, esforzo e ilusión por parte do noso alumnado. Deixamos o enlace a continuación para que podades consultala. Tortu News Nº 4
Boas, familias: Hoxe puxemos fin o Entroido cunha gran festa na que desfrutamos dun rico chocolate con churros. Bailamos, cantamos e gozamos c@s compañeir@s. Cantas ganas tiñamos dun bo fiestón! Deixámosvos un vídeo e unhas fotiños dos mellores momentos da xornada festeira. Video Galeria de imaxes Boa finde a tod@s! Un saudiño. As mestras de E. Infantil.
Este ano, non puidemos facer o tradicional desfile con música e baile, pero non quixemos quedarnos parados. Saímos a camiñar para descubrir as diferentes vilas polas que pasa o Camiño Inglés ata chegar a Santiago de Compostela. Foi unha peregrinaxe diferente pero moi divertida, na que os peregrinos e peregrinas amosaron as súas vestimentas e complementos, todos e todas cun mesmo obxectivo: chegar a Santiago […]
Ola familias: Aquí tedes algunhas fotiños da festa do venres na que desfrutamos cantando, bailando e degustando produtos típicos do Entroido. Lembrade que voltaremos o xoves 18 e que o venres 19 de febreiro @s peques virán disfrazados da casa e gozaremos cunha gran chocolatada. Qué o ritmo non pare!! Galería de imaxes Un saudiño. As mestras de E. Infantil