Boas familia, deixámosvos o link coas fotos das actividades que estiveron a realizar os máis pequenos na escola, esperamos que vos gusten 😉 https://drive.google.com/drive/folders/1A9aT4OaQGGsVouBDXxeJFb-5AwzElppg?usp=sharing
Boas familia, deixámosvos o link coas fotos das actividades que estiveron a realizar os máis pequenos na escola, esperamos que vos gusten 😉 https://drive.google.com/drive/folders/1A9aT4OaQGGsVouBDXxeJFb-5AwzElppg?usp=sharing
Estas últimas semanas os nenos e nenas de Educación Infantil estiveron embarcados dentro do proxecto de hábitos de saúde, entre outras moitas actividades elaboraron nas aulas sans e saborosas receitas ( humus, macedonia, brochetas de froitas). VER FOTOS
A ANPA do colexio en colaboración coa Asociación Arraigo recollerán alimentos e artigos de hixiene persoal entre o 16 de novembro e o 21 de decembro. As doazóns deixaranse en secretaría, na caixa que está a carón dos sofás. Ver nota da ANPA.
Xa dixemos que a festa non remataba en Outubro… Que día tan arrefriante pero que ben o pasamos!!! Mirade aquí as nosas fotos
Este venres pasado fixemos no noso colexio unha dobre celebración, o Samaín e un magosto. Castañas asadas, cabazas, disfraces e música encheron o patio, aulas e corredores de alegría. Nas seguintes imaxes podedes ver o moito que gozamos ese día: Galería de imaxes da Escola Infantil Galería de imaxes do primeiro ciclo de Primaria Galería de imaxes de segundo ciclo de Primaria Galería de imaxes […]
Non hai nada máis galego que apuntarse a unha boa festa pero sempre protexendo e defendendo as nosas tradicións, polo que este pasado venres celebramos o Magosto, degustamos saborosas castanas asadas e bailamos ao son das cancións do folclore tradicional galego. Non por iso imos a reixeitar as novas tradicións traidas do exterior e menos cando se trata de desfraces, estade atentos porque a próxima […]
Para celebrar o Día da Biblioteca, 24 de Outubro, convertemos a nosa Bibliotortu en fondo do mar. E por alí pasaron todos os rapaces e rapazas do noso cole para compartir un tempo de desfrute, relaxación e descubrimento de lendas relacionadas co noso entorno: a lenda da Serea das Illas Mirandas, os tesouros que esconde a fonte dos Mouros de Sillobre, o arco da vella […]