Aproveitando que esta semana era a semana da prensa, buscamos nos xornais que trouxemos á clase, a presencia da muller no deporte. Así mesmo tamén fixemos un traballo dalgunhas das primeiras mulleres que se iniciaron en deportes de homes. Galería
Aproveitando que esta semana era a semana da prensa, buscamos nos xornais que trouxemos á clase, a presencia da muller no deporte. Así mesmo tamén fixemos un traballo dalgunhas das primeiras mulleres que se iniciaron en deportes de homes. Galería
Ao longo da semana traballamos cos distintos periódicos na clase, buscando e compartindo as noticias, poñendo en prática todo o aprendido sobre esta temática no que vai de curso. Tamén fixemos de xornalistas entrevistando aos nosos compañeirios polas diferentes aulas. Galeria
Bos dias familia! Deixámosvos a ligazón de todo o que traballamos no mes de febreiro e de todos os preparativos para o entroido. Este mes non descansamos nadiña 😉 Esperamos que vos gusten 🙂 https://drive.google.com/drive/folders/1i2_TEh9N-xY1s9Gu65A3PN4afc6XhFft?usp=share_link
Hoxe a ANPA colabora con nós instalándonos unha fabulosa pantalla de cine no salón de actos. Un agasallo froito da colaboración coa biblioteca do colexio. Moitas grazas.
Entre as actividades prevista na exposición: Gran Circo Jorge Juan, que está aberta no Museo do Humor de Fene, están programadas dúas proxeccións de cine. O mércores, 1 de marzo, ás 17:00: Dumbo Venres, 3 de marzo, ás 18:00: Madagascar 3
Hoxe comeza a exposición sobre o proxecto de centro deste ano: O Circo. Poderédela ver no Museo do Humor de Fene ata a maña do próximo sábado. Co mundo do circo como tema principal, atoparedes tanto os traballos e pezas elaboradas ao longo do curso, como xogos, curiosidades e actividades interactivas e mesmos algunha proxección. Esperamos que vos guste
Se ben a semana pasada celebrabamos a chegada do Entroido, esta tocou despedilo. E fixémolo tamén dun xeito festivo. Houbo chocolate, a actuación dun malabarista, disfraces, xogos e moita alegría. Eso si, esta vez non fixemos como outros anos a queima do Meco, perdoámolo para que puidera estar na exposición do Museo do Humor. Animámosvos a visitala, estará aberta esta semana que entra, dende o […]
Como xa saberedes a próxima semana estará aberta no Museo do Humor unha exposición sobre o proxecto de centro deste ano: O Circo. Entre os moitos materias e pezas elaboradas ao longo do curso imos deixar un oco para colaborar coa Fundación Theodora. No seguinte vídeo atoparedes información sobre como funciona e que fai esta fundación, e o xeito no que pretendemos colaborar.