O alumnado da ESO pode consultar as datas dos exames finais nesta ligazón.
O alumnado da ESO pode consultar as datas dos exames finais nesta ligazón.
A semana pasada os nenos e nenas de 3º ciclo de Educación Primaria nos achegamos ata o Museo do Humor de Fene para visitar a Exposición “Meigas sabias e mulleres boas” de Carme Romero; onde a autora nos acompañou e explicou as súas fermosas obras de arte. Animádevos a visitala. Galería de Imaxes.
Dende agora podes atopar no noso colexio unha gran variedade de mochilas e estoxos de alta calidade, perfectos para acompañar os teus estudos. Temos opcións funcionais e elegantes, deseñadas especialmente para cubrir as necesidades dos estudantes. Explora a nosa colección e atoparás o complemento perfecto para organizar os teus materiais escolares con estilo e comodidade. Mochilas Estoxos
Na Jorge Juan celebramos o Día das Letras Galegas en honra á nosa lingua e cultura, ao tratarse o 17 de maio dun día non lectivo, pasamos os actos de celebración ao día 19. Neste día, realizamos actividades para destacar a literatura galega e lembrar a figura de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado este ano. Decoramos o patio con alfombras florais que simbolizan o noso […]
No obradoiro de Videoxogos realizado durante as tardes dos mércores deste curso, o alumnado traballou na creación dun videoxogo que abrangía a Celebración do Día das Letras Galegas e o autor homenaxeado. Ademais de aprender máis sobre este tema, tamén se divertiron resolvendo as misións dos protagonistas nesta emocionante aventura. Resumo: Nun día normal na aula de Lingua Galega, algo raro acontece: A LINGUA GALEGA […]
Todos os cursos de Educación Primaria recibimos a visita de Stop Accidentes. O seu interese é que constribuiamos na construcción dunha cultura viaria, baseada nunha mobilidade sostenible, saludable e segura. Galería
4° de primaria visitamos o Centro de Día Xuntanza.Alí axudan a mellorar a calidade de vida dos maiores, mellorando as súas capacidades cognitivas e físicas e a súa autonomía, para poder manter unha vida máis activa e plena. Aproveitamos a nosa visita para cantarlles a Muiñeira de Chantada, acompañada por: gaita, pandeiro e pandereta. Galería